

Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Onte na escola de Camporrapado, escoitamos a canción de Brinca Vai "O Rap do Magosto" que nos propuxo a profe Elena, e pouco a pouco imos aprendendo o seu retrouso (estribillo).
Estivemos fixándonos en como se moven os brazos e a cabeza ( tan característico do rap) para poder bailar este tipo de música e sentir o seu ritmo. E para poñelo en práctica, que mellor que disfrazarnos de rapeiros??
Pasámolo xenial !!!!
Bos días familias !
A semana pasada estivemos facendo a sesión de Art que nos mandou a teacher Puri. Primeiro recordamos como nos presentamos en inglés ca canción " What`s your name?", despois decoramos os nosos nomes con anacos de papeis de cores.
Ademais aproveitamos para aumentar o noso vocabulario en inglés aprendendo o nome dos materiais que precisabamos para facer a actividade: scissors (tesoiras), glue (pegamento), paper (papel)...