A partir destas ideas tivemos dúas visitas moi especiais:
- A visita de Alba, unha neurocientífica que nos veu a contar a importancia dos sentidos para percibir o medio que nos rodea, e para que lle chegue información ó cerebro sobre o mesmo. O cerebro traduce toda esa información, e nós podemos sentir diferentes emocións ou sensacións. Fíxonos varios xogos cos que fomos empregando e coñecendo a importancia de cada un dos 5 sentidos, superando probas para conseguir os órganos sensoriais para o seu axudante Eustaquio. Velaquí un pequeno resumo da súa visita:
- A visita de Raquel, a tía de Paula, unha das nosas compañeiras, que nos ensinou como unha persoa cega se desenvolve no seu día a día, os materiais e recursos que emprega, as limitacións e problemas cos que se atopa... Foi moi moi emocionante escoitala e compartir con elas esa mañá! Velaquí o resumo da súa visita:
Con estas experiencias aprendemos e vivenciamos un montón de cousas que dende aquí queremos compartir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario