Como di o refrán, "San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras". E como non podía ser doutro xeito, o día de San Miguel, aproveitamos para facer a xa tradicional vendima en San Miguel de Sarandón. Coa axuda das familias e con unha viña que apareceu da noite á mañán na escola, vendimamos diferentes tipos de uvas e ao rematar a faena, cando os veciños saían da misa da festa, ofrémoslle o noso mosto. Un día más de festa e de facer parroquia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario