Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 3 de octubre de 2014

Horticultando no CRA

Xa está un novo curso empezado e o noso proxecto medioambiental dese ano votado  a andar. Ten por título "Horticultando no CRA".

Este curso farémoslle unha especial atención ao horto ecolóxico, como ferramenta pedagóxica e modelo práctico das relacións entre o ser humano e a natureza.  A idea deste proxecto, lévanos a ver o horto como un recurso para unha educación ambiental orientada cara o desenvolvemento sostible e cara unha formación máis humana do alumnado.

Queremos transmitirlles aos nosos nenos e nenas, a idea da ecoloxía dende o punto de vista do respecto á natureza e aos seus diferentes ecosistemas, procurando un cultivo racional con medios naturais que fomenten a biodiversidade na nosa bisbarra e a produción de alimentos saudables.

Os nosos cultivos levaranse a cabo con técnicas ecolóxicas, libres de residuos, sen herbicidas, plaguicidas, insecticidas… deste xeito, o alumnado tomará conciencia da importancia dos produtos que obteñamos, frescos, saborosos e nutritivos. Ao mesmo tempo que se respecta o medio ambiente e presérvase a fertilidade do chan.

“Horticultando no cra” será un proxecto onde xogando e traballando aprenderemos entre todos e todas a sementar curiosidades, a facer crecer paciencias e a recoller realidades e ilusións. Entre todos os membros do cra compartiremos mesa e comeremos de maneira san e equilibrada. Imos alá?...nós xa empezamos!!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario