
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema

martes, 14 de enero de 2014
A nosa "coroa" de Advento
Con motivo do tempo de advento, na clase de relixión, elaboramos unha coroa de Advento mooooi especial, acorde co noso proxecto medio ambiental: unha coroa con forma de árbore!!. Como saberedes, as 4 semanas antes do Nadal, chamámoslle tempo de Advento. Cada domingo do Advento, acéndese unha vela dunha coroa para irnos preparando para o verdadeiro motivo do Nadal, que é o nacemento de Xesús. Deste xeito, cada semana acendimos na clase unha vela, xa que o domingo non tiñamos cole. A derradeira vela acendémola o domingo 22, día no que remataba o tempo de Advento. Velaiquí o resultado. Esperamos que vos guste.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario