Este ano decidimos nas nosas escolas disfrazarnos polo entroido dos habitantes dos castelos e xa estamos dándolle duro os laúces dos xograres, os sombreiros das damas, as frechas dos arqueiros, os escudos dos cabaleiros, os rabos dos dragóns, as piruetas dos bufóns e as sabas das pantasmas.
Estamos traballando unha unidade didáctica sobre o tema e xa aprendimos como se vivía no castelo, que persoaxes había e como se divertían. A mestra de música e maila de educación física estannos ensinando cancións e danzas medievais e a "teacher" algunhas palabras coma "princess", "King",... e contounos a historia do mago Merlín e mailo rei Arturo, ou como nos dixo ela "Arthur".
Atopamos un xogo moi guai que se chama "O armario dos xoguetes" e máis " El mundo de fastamín" e tamén na internet buscamos información sobre cabaleiros e demos cunha páxina super interesante doutro cole cun vídeo que nos encanta:http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm. Xa vos daremos conta do ben que nos vai¡¡¡¡
Imos triunfar e conquistar entre todos/as o castelo dos reis do CRA
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar