Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 9 de junio de 2014

OS BOLECHAS E O SABICHÓN

O venres saímos de excursión á Cidade da Cultura a ver "Os Bolechas e o Sabichón". Aquí vos deixo unha pequena mostra da visita.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow generated with Smilebox

domingo, 8 de junio de 2014

PLANTANDO POR CAMPORRAPADO

Comezada a primavera fixemos unha plantación na escola de camporrapado de pimentos, leitugas e fresas. Foi moi divertidos e entretido, pero sobre todo puidemos observar como iban medrando pouco a pouco e comezando a dar os seus froitos. Aquí vos deixo un pequeno vídeo. Espero que vos gusteeee!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design

E CONTINUAMOS A VIAXE: BÉLXICA E ITALIA

Ao longo desta semana continuamos a nosa viaxe, esta vez tocounos Bélxica e Italia.
Comezamos a andadura o luns por Bélxica e como representante visitounos Toni, un rapaz que nos explicou as características do seu país pero tamén trouxo xogos cos que nos divertimos un montón. Aquí nos vedes:







O xoves tivemos a visita de Simona, que tamén nos ensinou as características do seu país. Viña moi marchosa e bailamos e interpretamos unha canción moi divertida e por último decoramos uns debuxos con pasta como non podía ser doutra maneira. Aquí nos podedes ver de novo:




jueves, 5 de junio de 2014

Hoxe celebramos no CRA o día do Medio Ambiente. Recordamos moitas das cousas que podemos facer para o coidado do mesmo.Celebrámolo como un cumple máis, porque o noso medio e a súa saúde e algo que paga a pena celebrar.

IMG_0835_870x652

miércoles, 28 de mayo de 2014

De viaxe!

Deixovos un resumo dos visitantes internacionais desta semana!
Veña, veña, que despegamos!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free picture slideshow

COMEZA A ANDADURA POLO PROXECTO INTERCULTURAL!!!!

Esta semana tivemos en Camporrapado a visita dunha rapaza húngara, outra búlgara e dun rapaz francés. Todos eles veñen a desenvolver actividades relacionadas co Proxecto Intercultural que se desenvolve todos os anos no CRA, e aquí vos deixo unhas fotos do seu paso pola nosa escola.
Coas rapazas húngara e búlgara, primeiro coñecimos os seus países e a continuación fixemos diferentes actividades, entre elas unha pulseira con lanas como a que vedes na foto ou un baile moi divertido paracido ao "Pasemisí, pasemisá" coñecido por todos nós.










Hoxe mércores co rapaz francés, chamado Nico, aprendemos a decir os números no seu idioma, vimos un conto tradicional (Os tres porquiños) e escoitamos, bailamos e interpretamos unha canción.



lunes, 26 de mayo de 2014

TALLER DAS OVELLAS EN SAN FINS.

O pasado martes disfrutamos dun gran día, visitáronnos os nosos compañeiros/as de Sergude, para disfrutar xuntos do taller das ovellas que preparou a profe Tania. Neste taller aprendemos moitas cousas sobre a la : de onde procede, como rapan as ovellas, como se tingue a la, pero o que mais nos gustou foi tecer coas mans, que difícil pero o mesmo tempo que divertido!.
Grazas compañeiros/as de Sergude pola vosa visita e grazas profe Tania por ensinarnos algo tan interesante e divertido.



























martes, 20 de mayo de 2014

TECENDO EN SARANDÓN
Hoxe disfrutamos do día na veciña escola de Sarandón. Da man da profe Tania descubrimos unha morea de cousas sobre a la: de onde procede, como se rapan as ovellas, como e con que se tingue a la, con que se fía, ... e ata aprendimos a tecer coas mans!. E senón, botade unha ollada.







Tamén tivemos tempo para xogar, aprender co profe Gonzalo e escoitar as historias fantásticas do profe Antonio. Sabedes que temos na mesa: barbas de balea !!!