Coas rapazas húngara e búlgara, primeiro coñecimos os seus países e a continuación fixemos diferentes actividades, entre elas unha pulseira con lanas como a que vedes na foto ou un baile moi divertido paracido ao "Pasemisí, pasemisá" coñecido por todos nós.

Hoxe mércores co rapaz francés, chamado Nico, aprendemos a decir os números no seu idioma, vimos un conto tradicional (Os tres porquiños) e escoitamos, bailamos e interpretamos unha canción.

No hay comentarios:
Publicar un comentario