Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 16 de febrero de 2018

ENTROIDO EN SAN FINS


Este ano o tema do Entroido no Cra foi o cómic, cada escola elixiu personaxes de cómic. En San Fins eleximos os Pitufos, recopilando durante varios días material que os nen@s ían traendo das súas casas: cómics, películas, bonecos dos pitufos... Fixemos un pequeno proxecto que culminamos co noso disfraz, cada nen@ elexiu o pitufo que quería ser: forzudo, granxeiro, sabio, carteiro, pitufinas, papá Pitufo e Gargamel. A verdade que foi un tema que deu moito de si, o derradeiro día pola tarde xuntámonos en Vedra cos nos@s compañeir@s das outras escolas para disfrutar do desfile e unha gran merenda. Durante esa semana ademáis pasámolo moi ben cas consignas que manda o noso burro para traer cada día.

                                               Grazas familias pola vosa colaboración.













 








 





















 




 








 






CUMPLE SAÍNZA


Parabéns Saínza!!!!, xa tes cinco anos. Disfrutamos dunha gran festa: bizcoito, patatas, gusanitos, chuches,música, ese día comimos ben pouco na casa pero no cole non deixamos nin unha miguiña nas bandexas.

                                                             Parabéns!!!!!








 
 

 


 


 

TALLER DE COCIÑA : PIZZA



Este ano estreamos forno no noso taller de cociña. A primeira receta que fixemos foi pizza, todo un éxito xa que é unha comida que gusta a case tódolos nenos.


 









 


























martes, 13 de febrero de 2018

Aprendendo sobre os sentidos

Na escola de Sergude hai un tempo que empezamos a traballar sobre os sentidos e a súa importancia para o noso día a día. Empezamos falando do que cada un de nós cría que son os sentidos.


A partir destas ideas tivemos dúas visitas moi especiais: 

- A visita de Alba, unha neurocientífica que nos veu a contar a importancia dos sentidos para percibir o medio que nos rodea, e para que lle chegue información ó cerebro sobre o mesmo. O cerebro traduce toda esa información, e nós podemos sentir diferentes emocións ou sensacións. Fíxonos varios xogos cos que fomos empregando e coñecendo a importancia de cada un dos 5 sentidos, superando probas para conseguir os órganos sensoriais para o seu axudante Eustaquio. Velaquí un pequeno resumo da súa visita:



- A visita de Raquel, a tía de Paula, unha das nosas compañeiras, que nos ensinou como unha persoa cega se desenvolve no seu día a día, os materiais e recursos que emprega, as limitacións e problemas cos que se atopa... Foi moi moi emocionante escoitala e compartir con elas esa mañá! Velaquí o resumo da súa visita:



Con estas experiencias aprendemos e vivenciamos un montón de cousas que dende aquí queremos compartir!