Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 12 de febrero de 2013

                         ANTROIDO EN SAN XIAN

 Non podiamos esquecer da  festa do antroido da nosa invitada especial  a piña disfrazada que mandaron uns papás para acompañar ao entrañable BOB esponja, no seu día triunfal. Non quedou nadiña dela xa que despois de tantas orellas ,filloas , rosquillas e demais apetecia unha piña fresquiña.Algúns pais están en todo. .Mirade que simpática estaba.






   ANTROIDO EN SAN XIAN


Durante toda  a semana trouleamos co antroido e co xogo do burromanda .E xa o venres festa rachada co noso disfraz  e coas lambetadas que mandaron os papás .Moitas grazas a todos.





                             




lunes, 11 de febrero de 2013

UN ENTROIDO DE PAZ EN CAMPORRAPADO

O 30 de xaneiro foi o Día da Paz; en Camporrapado decidimos celebralo facendo un cesto de flores para Dona Paz. Cada neno e nena plasmou en cada pétalo un sentimento ou acción que fai que reine entre nós tódolos días do ano. De todo corazón esperamos que así sexa.



A Paz tamén estivo presente durante a celebración do Entroido. Durante a semana trouxemos diversos accesorios que nos favorecían moitísimo... Finalmente, o venres a escola transformouse en "Fondo de Bikini" coa chegada de numerosos "Bob Esponja". Organizamos unha gran festa con xogos, cancións, bailes, e unha estupenda merenda grazas ás larpeiradas que aportaron as familias. 


Moitas grazas a todos pola colaboración. Bo Entroido!!!

sábado, 9 de febrero de 2013

UNHA HORTA PARA LESTEDO

Despois dun ano de espera, por fin iniciamos a nosa andura co proxecto da horta. Puxemos a nosa primeira plantación a mediados de novembro e agora en febreiro a nosa horta segue en pe e parece ser do agrado de babosas e outros bichos porque o repolo está ben furado. Velahí tedes o noso esforzo e tesón. Esperamos aumentar a nosa plantación en breve.
Vaia o meu agrademento a Nina, que nos aportou horas de dedicación e consellos.
 



 

FESTEXANDO O ENTROIDO

 
En Lestedo esta semana andivemos moi entretidos co gallo do entroido. Algúns nin para traballar quixeron olvidar os consellos do "burro manda" e senón botade unha ollada.

 






 
 

viernes, 8 de febrero de 2013

O ENTROIDO EN CAMPORRAPADO


Esta semana pasámolo moi ben na escola xogando ao xogo do burro manda, facendo caretas, disfrazándonos...


Hoxe celebramos o entroido na escola cunha rica merendola que trouxeron os papás e mamás e logo disfrazámonos de Bob Esponja. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Feliz entroido a todos.

O BURRO DO ENTROIDO NA ESCOLA DE SARANDÓN

Chegou o Entroido á escola de Sarandón. Un ano mais voltou a tradición de poñer o burro. Na  mañan do luns apareceu na porta da escola este fermoso burro. Nas terras do Ulla é tradicional mandarse burros para burlarse dos coñecidos e veciños, tamen é un xeito de compartir a ledicia e a festa do Entroido. Pero...
Quen nos poñeria o burro....?



Tradicionalmente ninguén quería quedar co burro,  pero este que nos puxeron a nós é tan bonito e portase tan ben que queremos quedar con el. Hoxe puxémoslle nome nunha votación entre todos . Chamase DONKI. Está moi contento na nosa escola. Fomos investigando e descubrimos que  Donki  fíxoo e púxonolo Ana Segade, a mamá de Irea. Grazas e bo Entroido.

lunes, 4 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

A saúde, a educación, o xogo...son algúns dos dereitos que non lle deberían faltar a ningún neno/a do mundo. Para coñecelos realizamos un libriño sinxelo. E quedounos chuli!.

domingo, 3 de febrero de 2013


  Un ano máis chega ao CRA o burro de entroido preparado para facer moitas trasnadas. Como sabedes cada día mándanos traer cousas á escola para celebrar o carnaval dun xeito divertido, así que moi atentos ao cartel da escola para saber que temos que traer ao día seguinte¡¡¡¡¡
   Para comezar o luns todos temos que traer unhas gafas á escola, non pode faltar ninguén así que....
A ver se se animan os papás,mamás,avós e demáis familia e aparecen disfrazados no cole¡¡¡¡¡

CARNAVAL,CARNAVAL, CARNAVAL TE QUIERO, LALALALALALALA¡¡¡