Metidos xa de cheo na última etapa de este curso e como broche de ouro para rematar cos talleres de cociña e fomentar a comida san, contamos novamente coa axuda inestimable dos expertos cociñeiros do restaurante “La Molinera” de Lalín. Deste xeito, o 26 de abril celebramos no noso centro o “Master CRA” no que preparamos e degustamos unha saborosas receitas con legumes, en concreto preparamos, cosiñamos e degustamos unha crema fria de fabas, ensalada de garavanzos e hamburguesas de lentellas. Nin que dicir ten, o éxito acadado nesta nova edición no que profes e alumnado disfrutamos mentres aprendíamos un xeito diferente de traballar con este tipo de alimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario