ATENTOS AO CALENDARIO:
* Do 18 ao 22 de marzo todos aqueles nenos/as que están escolarizados no CRA e para o ano se teñen que matricular no CPI de Vedra ou no CPI Antonio Orza Couto de O Forte, teñen que entregar na escola o anexo I da orde que vos entregaremos ou que podedes descargar, cubrir e imprimir dende o enderezo da xunta que vos indicamos ó final. IMPORTANTE: Tedes que entregalo na escola que dende o CRA xa o remitimos ó CPI correspondente.
* Do 5 ao 17 de abril comeza a presentación de solicitude de admisión no CRA para todos aqueles alumnos/as novos que queiran comezar no noso cole. Os que xa están escolarizados reservaselle a praza automáticamente. Para os novos nenos/as teñen que cubrir o Anexo II da orde que se pode recoller en calquera das escolas en horario lectivo de 9 a 14 ou na sede do CRA en Lestedo os mércores de 9 a 14 ou os martes de 16 a 18. Tamén se pode descargar dende a páxina da Xunta.
Para saber máis sobre o proceso de admisión podedes consultar a orde e demáis papeleo no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/web/node/8858
Nada máis, se vos xurde calquera cuestión non dubidedes en chamar o noso teléfono: 616440471, escribirnos o noso enderezo web: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es ou consultarlles a calquera dos mestres nas escolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario