Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 20 de mayo de 2012

Proxecto Intercultural

Arranca o proxecto intercultural do noso cole e con él visítannos unhas mestras moi especiais. A partir desta semana abrimos as portas do CRA a xente doutros países para aprender cousas de outros sitios e saber que existen máis culturas,falas ,... ademáis da nosa. Este ano viaxaremos a Italia con Roberta, a Hungria con Suzzi, a Polonia con Olga e a Uruguay cos papis de Santi Capdeville, un alumno da escola de San Fins.
Preparádevos para que vos cheguen a casa falando italiano ou hungaro¡¡¡¡
Eu, como mestra de inglés, creo que as cousas que se aprenden de pequeno, algún día aparecen de maior, e un dos meus empeños e facer dos nosos nenos/as cidadáns do mundo, que queiran viaxar, coñecer outras cousas,... e respectar os seus semexantes sexan da cor que sexan, porque nunca sabe un onde ha de acabar, nin con quen rematará compartindo a súa vida.
Comeza a viaxe¡¡¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario