Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
martes, 18 de abril de 2017
viernes, 14 de abril de 2017
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Día Mundial da Saúde 2017
Este ano trabállase no eixo da depresión infantil e neste tema as emocións xogan un papel fundamental na súa prevención e tratamento. Dende a escola acercámonos a descubrir, valorar, aceptar, manexar, traballar ou controlar as nosas emocións e as das persoas que nos rodean.
![]() |
| A free slideshow by Smilebox |
viernes, 7 de abril de 2017
Día mundial da saúde.
Hoxe celebramos o día mundial da saúde. Gracias aos papás, mamás, avós, avoas, tíos, padriños, madriñas en en definitiva todos aqueles que nos axudan a sentirnos mellor e aportarnos todo o necesario para medrar sans e fortes. Este ano trabállase no eixo da depresión infantil e neste tema as emocións xogan un papel fundamental na súa prevención e tratamento. Dende a escola acercámonos a descubrir, valorar, aceptar, manexar, traballar ou controlar as nosas emocións e as das persoas que nos rodean. Descubre o video que agocha a seguinte imaxe:
jueves, 6 de abril de 2017
Día Mundial da Actividade Física
O 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física
Este ano trátase de acadar o obxectivo de 30 minutos de actividade física ao día.
Hoxe é un bo día para empezar!
miércoles, 5 de abril de 2017
Lembrando ao noso Carballo das Mentiras
Na escola de Sarandón despedimos ao Carballo das Mentiras,
esa árbore entrañable que nos acompaña día a día e que
esta primavera non espertou...
martes, 4 de abril de 2017
A primavera chegou ao Pico Sacro
Na escola de Sergude temos unhas vistas privilexiadas do Pico Sacro, polo que decidimos aproveitar para facer un pequeno rexistro meteorolóxico e cronolóxico como facemos na asamblea. Dende o mes de xaneiro, o encargado ou encargada saía ao patio a primeira hora da mañá e sacaba a foto, que despois a profe Ari imprimía en papel
Asi pouco a pouco o inverno foi pasando dando paso a primavera...
Asi pouco a pouco o inverno foi pasando dando paso a primavera...
|
| Make your own free photo slideshow |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





