O pasado mércores 19 visitou o noso cole un dos mellores escritores galegos, don XOSÉ NEIRA VILAS. Trouxonos distintos xoguetes cos que xogaba cando era un neno: un tirapedras, unha carraca, un trompo,.... E ata nos trouxo unha marioneta de Pinocho que comprara nunha viaxe a Florencia.
Contounos un montón de cousas da súa vida e leunos unhas cantas poesías dun libro que escribiu coa súa muller, que leva por título CANTAROLAS, e que nos agasallou cun exemplar para o CRA.
Contactamos por videoconferencia co CRA de Vilaboa, Ponteceso e Ribadavia, e os nenos/as das escolas fixéronlle moitas preguntas.
Falamos tamén con María Malmierca que estaba en Finlandia tamén cun proxecto de escolas rurais.
A verdade é que nos gustou moita esta visita, aprendimos moitas cousas e sobre todo ensinounos que un ten que ler moito, axudar na casa, ser humilde pero persistente naquelo no que cree.
Moitímas grazas Dn. Xosé e ata a vindeira¡¡¡¡