O pasado martes 24 de abril fixemos unha saída ao Aquarium da Coruña. Aquí nos podedes ver xusto antes de entrar.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema

miércoles, 25 de abril de 2012
SAÍDA Ó AQUARIUM DA CORUÑA
O pasado martes 24 de abril fixemos unha saída ao Aquarium da Coruña. Aquí nos podedes ver xusto antes de entrar.
viernes, 20 de abril de 2012
Semana do Libro
Do 23 ao 27 de abril celebraremos a Semana do Libro.
Temos preparadas actividades moi variadas :
- II Maratón de lectura do Cra Boqueixón-Vedra, no que tratarase de mellorar o récord do ano pasado que foi de 56 libros leidos entre todas as escolas durante unha semana, ademais se as familias queren colaborar na lectura poden facelo!
- Realización de libros-contos en formato dixital e tamén en papel.
- "O meu favorito"... libros de casa, para compartir na clase.
- "A caza do tesouro" haberá que atopar un libro escondido na escola a través das pistas que deixou o pirata...
- Lectura de contos on-line.
- Realización de marcapáxinas.
- E algunha máis que ainda non podemos desvelar...
lunes, 16 de abril de 2012
Rebusque en Sarandón
viernes, 13 de abril de 2012
March in the English Class¡¡¡¡
Hi¡¡¡ No mes de marzo fixemos varias cousas na clase de inglés. Celebramos a chegada da primavera facendo un móvil con uns bichos moi graciosos. Velaí os tedes¡¡¡¡
Celebramos o San Patrick´s day¡¡¡¡ Aprendimos como se celebra esta festa en Irlanda vendo uns vídeos; pintamos uns bonitos leprechaun ( que son uns duendes que vixían a pota de ouro que hai ao final do arco da vella;e pintámonos uns shamrocks (tréboles) na cara, que son o símbolo deste día. A que estamos ben guapos¡¡¡¡
E xa como remate celebramos EASTER, a pascua. Nalgunhas escolas pintamos ovos de pascua en papel e noutras escolas pintamos ovos cocidos para deixar ao Easter Bunny ( o coelliño de pascua) .
Sabedes en algunhas casas veu o coelliño comeu os ovos cocidos e deixou ovos de chocolate.
Happy Easter¡¡¡¡
More news the next month¡¡¡¡
jueves, 12 de abril de 2012
SEMILLAS: VEMOS, TOCAMOS, DESCUBRIMOS...
Este ano celébrase "O ANO MUNDIAL DOS BOSQUES", e a profe Divina de Sergude xunto cos seus nenos e nenas fixeron unha recolleita de semillas de diferentes árbores que agora podemos ver no resto das escolas do CRA. A Camporrapado xa chegaron, son estas:



E como nós somos tan curiosos non nos podiamos resistir, e aquí nos podedes ver observando todas e cada unha das semillas. O que máis nos chamou a atención sen dúbida foi descubrir que dunha cousa tan pequeniña poidese saír unha árbore tan grande como as que temos no patio!!!! É algo verdadeiramente máxico!!!
miércoles, 11 de abril de 2012
PIRAMIDE NAOS
viernes, 6 de abril de 2012
A árbore de Paz en Relixión e Alternativa

O pasado 21 de marzo celebramos o día da árbore no CRA Boqueixón-Vedra, na clase de relixión quixemos celebralo dun xeito especial, con moitaaa Paz!!! Os nenos e nenas de relixión e alternativa educativa elaboramos unha árbore con moitas pombas da Paz e inventamos un conto coa historia da nosa árbore, a cal poderédes ver no CRATECA próximamente. Esperamos que vos guste, fixémolo con moito cariño e amosando o noso respeto á natureza. Disfrutade o noso traballo facendo clic no seguinte enlace!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)