Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 30 de enero de 2019

30 de Xaneiro día da Paz

Este ano as escolas do C.R.A quixemos conmemorar o día da paz dun xeito especial e para iso inspirámonos na artísta Cocovan e a súa obra  "The World Letter".
Adaptándonos a nosa realidade, plasmamos os nosos mensaxes de paz e amor coa participación tamén das nosas familias.

Faremos entre todos/as una "CRA Letter" que uniremos e expoñeremos máis adiante!!.
No cal aínda teredes moito que aportar.

Grazas a tod@s por participar desta iniciativa.




martes, 22 de enero de 2019

Mans á obra: sementeira+reciclaxe

Seguimos coa nosa sementeira e nesta ocasión tocou combinala coa reciclaxe que tan importante é para o medio ambiente en xeral e para os nosos montes en particular. Deste xeito, reciclamos material para poder levala a cabo. Porén, aproveitamos garrafas de 5 litros, fixémoslle un buratiño, sementamos nelas, regamos e ata fixemos traballos de lectoescritura para que lembremos o que sementamos en cada garrafa. Isto pónse moi interesante e senón estade atentos que se o tempo o permite, para a vindeira semana temos un gran traballo para facer.


lunes, 14 de enero de 2019

Comeza a sementeira!!

Xa estamos en xaneiro e comeza a época de sementeira. Por iso, trouxemos diferentes sementes que imos plantar. Nesta ocasión analizamos os cereais e aproveitamos as sementes que temos na escola para identificar cada unha co nome coa que a coñecemos e de paso favorecer a lectoescritura e a comprensión lectora. Así de lucidos quedaron os nosos traballos.