Música de https://www.fiftysounds.com/es/
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 28 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO 2023
Música de https://www.fiftysounds.com/es/
martes, 18 de abril de 2023
Ao Rebusque en Sarandón
“Erguinme ben cedo. Caladiño e de présa lisquei para o souto. Outros rapaces acostumaban ir tamén para o rebusque, pero ainda non chegara ningún.”
“Memorias
dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas
En
Sarandón continuamos a vella tradición de ir ó rebusque polo campo da festa a mañán despois do
festexo. Este ano foi o día despois da XLI Festa do Viño. O luns 17 de abril
chegamos a escola e xa andaban os da cuadrilla da limpeza cos sopradores xuntando
os restos da celebración da víspera.
Na
escola lemos e comentamos o capítulo “Rebusque” de “Memorias dun neno labrego”
de X. Neira Vilas. Despois collemos uns bastóns e saimos para percorrer o campo
da festa buscando os tesouros perdidos na celebración. Remexemos entre as
herbas, miramos debaixo das mesas e dos bancos do pulpeiro, camiñamos o
aparcadoiro, subimos e baixamos as escaleiras, andivemos por diante do palco e
fomos recollendo do chan corchos, pulseiras, unha moeda de 2 céntimos e un can rosa que ladra.
O Pino Manso foi testigo da nosa pescuda
seguindo as pegadas dunha tradición que ben de moi lonxe. Coma Balbino tamén
soñamos con tesouros e descubrimos que os sopradores da limpeza foran coma a
enchenta do río que lle levara a caixiña.
Prometemos voltar ó rebusque despois das vindeiras festas, e Balbino virá con nós.
Velaiquí vos deixamos un resumo do que dou de si este rebusque:
lunes, 3 de abril de 2023
Xornada de convivencia entre todas as escolas
Para iso, alá fomos en autobús ata Camporrapado. Ao chegar recibíronnos os anfitrións e as mestras explicáronnos en que consistiría a xornada. Logo repartímonos por equipos, por idades e entre diferentes escolas. Deste xeito, fomos rotando polos distintos obradoiros que estaban preparados que consitían en:
-creación de trabalinguas, mesturando animais, adxectivos e verbos que coemzaban polas mesmas letras
-achegamento ápoesía, con versos de escritores/as galegos/as, en depresores de cores segundo as súas rimas
-elaboración de macetas con material de refugallo e plantación de distintas sementes
- gyncanas con distintas probas,a modo de xogo da oca
- arte e estilo Hervé Tullet e o "Campo de flores"
Quedounos moito material elaborado en conxunto, ao que lle daremos nova vida nos eguinte triemstre denmde as escolas o cal vos iremos ensinando!!
Paea rematar tivemos a merendola, moito xogo e diversión. estar xuntos sempre é xenial!!
De seguido, ensinámosvos un vídeo resumo do que dou de si esta xornada.