Personalize your own slideshow design |
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
martes, 29 de noviembre de 2016
viernes, 25 de noviembre de 2016
Por sempre Balbino, para sempre Neira Vilas
Hoxe os nenos/as de primaria do CRA foron ata Gres para participar nun acto na memoria do noso benquerido Dn. Xosé Neira Vilas polo cabodano do seu pasamento.
Chegamos alí nunha fría pero increible mañán que semellaba escollida para nós. Non estabamos sós. Acompañábanos o gran músico Roi Casal que nos agasallou cun concerto de arpa para nós sós.
Despois de ensaiar un pouco chegaron as autoridades e comezou a nosa actuacción: recitamos dous poemas e cantamos a canción da Xoaniña andeira.
Un gran día que rematou cun batido na de Rafael en Ponteledesma, o agasallo do libro inédito de Neira Vilas " Quique na aldea" e un cento de cousas que contar.
lunes, 21 de noviembre de 2016
Divertímonos valorando aos demais!!
Na clase de relixión e antes de comezar co noso tema estrela do curso, O Nadal, fixemos un xogo que nos permitiu aprender moitos valores, tan importantes no día a día. Con este vídeo queremos amosarvos un pequeno resumo de como o levamos a cabo.
O noso zapateiro con material reutilizado
Non paramos de mirar polo ben do noso entorno e da nosa saúde. Como sabedes, en moitas das escolas do CRA temo botas para poder disfrutar nos días de inverno dos nosos patios e para iso aproveitamos unhas caixas de froitas que unha mamá de Sergude nos dou, para facer uns bonitos zapateiros, e deste xeito non ter que empregar máis reutilizados. A que nos quedaron chulos?!!
sábado, 19 de noviembre de 2016
Visita ao Museo de Historia Natural da USC
[youtube https://youtu.be/tZVDOancSbk nolink]
Con motivo da visita ao Museo de historia natural da USC preparamos este vídeo para que vos fagades unha idea do que alí vimos e sobre o que nos falou un guía de excepción, o profe Antonio. Darlle a noraboa a todosos que fixeron que este museo sexa unha realidade, tanto pola súa calidade como cantidade do que alí nos podemos atopar. Esperamos que vos guste.
Con motivo da visita ao Museo de historia natural da USC preparamos este vídeo para que vos fagades unha idea do que alí vimos e sobre o que nos falou un guía de excepción, o profe Antonio. Darlle a noraboa a todosos que fixeron que este museo sexa unha realidade, tanto pola súa calidade como cantidade do que alí nos podemos atopar. Esperamos que vos guste.
viernes, 18 de noviembre de 2016
martes, 15 de noviembre de 2016
lunes, 14 de noviembre de 2016
"CONTANDO EN FEMININO"
O alumnado do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” recibirá a visita de Ana Hermida, sesión dobre durante tres días, para achegar aos nosos nenos/as un mundo de contos cheos de mensaxe e diversión para concienciar na igualdade e violencia de xénero. É unha iniciativa da Anpa Val do Ulla do Cra Boqueixón-Vedra.
sábado, 12 de noviembre de 2016
O ROBOT QUE BARRE AS COUSAS MALAS
Na clase de relixión, comezamos este curso coa nosa querida pombiña pero tamén coñecendo un conto sobre o que lles aconteceu a uns nenos nunha escola. Uns nenos que construíron un robot que falaba e quería unha escoba... para qué? pois para barrer as cousas que facían os nenos e que non lles gustaban nin a Xesús, nin a papá, nin a mamá, tampouco aos avós e en definitiva, a todos os que nos queren. Como nos gustou a idea fixémos un para a nosa clase e tamén quixemos levalos para a casa, por iso estos días levamos un robot, ao que lle puxemos o nome que máis nos gustou e a ver si deste xeito, na casa e na escola conseguimos barrer todas as cousas que non nos gustan e que están feas, conseguirémolo? pois por intentalo non quedará....Imos alá!!!!
martes, 8 de noviembre de 2016
lunes, 7 de noviembre de 2016
viernes, 4 de noviembre de 2016
A mochila das legumes!
miércoles, 2 de noviembre de 2016
E CHEGOU O SAMAÍN
O xoves pasado
celebramos o Samaín na clase e pasamos
unha xornada moi especial. Viñemos á escola disfrazados de demos, esqueletos, bruxas e
vampiros. A media mañá preparamos os
nosos almorzos nun taller de cociña. Fixemos cabazas, fantasmas, gorros e vasoiras de
bruxa, e sándwiches terroríficos. Tamén
houbo toda a semana unha exposición coas nosas
cabazas e ao final do día, coas luces
apagadas, prendimos aquelas que tiñan
velas. Foi Unha xornada moi emocionante!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)