Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 29 de mayo de 2015
martes, 26 de mayo de 2015
EN PUNTO, E MEDIA...
Os nenos e nenas de 1° e 2° de San Xián, aprendimos a contabilizar o tempo, por iso fixemos uns reloxos moi especiais onde poñer a hora que desexamos.
Queres saber qué hora é?
Queres saber qué hora é?
DÍA DA SAÚDE
Dentro da Educación para a Saúde, estamos aprendendo a protexernos dos raios do sol en todas as actividades ao aire libre. Tanto na escola como no noso tempo de lecer.
Protexe a túa cabeza cunha gorra
Protexe a túa pel cunha crema solar (50+)
Protexe os teus ollos cunhas gafas de sol
lunes, 25 de mayo de 2015
TEA TIME
A semana pasada a teacher Yoli invitounos a tomar o té na clase de inglés. Coñecimos os distintos tipos de té que hai, olímolos. Ata había un con chocolate¡¡¡¡ Despois decoramos as nosas taciñas de té e preparamos as galletas para acompañalo. E despois soaron as cinco en punto e chegou a hora de ir ao salón da teacher¡¡¡ Que glamour, que ben sabía o té e a galleta nin vos conto¡¡¡
|
Create a slideshow |
Visita Faladoriña
Ademáis do taller de serigrafía, para celebrar a semana do libro e as letras galegas, tivemos a visita de Isabel Pichel, unha moza de Lestedo que publicou un comic moi chulo co que nos ensina a como coidar a voz¡¡¡ Foi moi divertido e aprendimos un cento de cousas. Gracias mil¡¡¡
ISA ALBELA
Co gallo da semana do libro e máis das Letras Galegas, decidimos invitar ao noso cole a Isa Alvela, unha diseñadora grafica nada en Vedra que fai uns meses foi a ilustradora dun libro titulado "Cantando coa lúa e as estrelas". Con ela fixemos un taller de serigrafía moi chulo. Ollade canto aprendimos¡¡¡¡
TALLER SENSORIAL: TACTO, gusto e olfacto
E chegou o último dos nosos talleres sensoriales a mezcla do tacto e o gusto. Aprendimos como son ao tacto algunhas sementes, olémolas e tamén as probamos. Con elas fixemos uns cadros imitando a Mirócon olor e sabor¡¡¡¡
This free picture slideshow personalized with Smilebox |
jueves, 14 de mayo de 2015
Os nosos traballos por proxectos!!!
Aquí vos presentamos algúns dos proxectos que levamos a cabo con motivo da temática que traballamos este ano sobre o horto ecolóxico. Dende a cociña, pasando pola arte ata as plantas medicinais.....un mundo que ainda nos queda moito por descubrir pero no que xa levamos moito investigado e co que aprendimos moito!!!
lunes, 11 de mayo de 2015
Letras Galegas 2015
Este ano, adicamos a semana do 11 ao 17 de maio a conmemoración das Letras Galegas.
Levaremos a cabo diversas actividades para coñecer a figura e a obra de
Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Os nenos e as nenas da escola de Sarandón da mán do seu mestre Antonio, gravaron este simpático vídeo caracterizados dalgunhas persoas, que no seu momento, foron homenaxeadas neste día.
Recolleron as obras máis destacas e as frases máis significativas.
miércoles, 6 de mayo de 2015
LIBRO DE RECEITAS DO CHEF:
DIEGO LÓPEZ
O pasado 22 de abril tivemos o pracer de compartir a mañá
cun xa afamado chef, Diego López, unha
gran promesa da gastronomía galega que combina con moitísima maestría a cociña
galega tradicional coa de vanguardia. Premio ao mellor chef galego do ano 2014,
Diego e as cociñeiras que o acompañaban, do restaurante “La Molinera” de Lalín,
abraiáronnos o paladar con 4 exquisitos platos, moi sinxelos, en apariencia:
- Taco de leituga con herbas aromáticas e cítrico
- Ensalada de mazá, herbas e flores
- Iogurt de flores
- Follas de limoeiro
Os nosos nenos e nenas, ademais de participar na colleita
previa dalgúns dos ingredientes (nébeda, flor de sabugueiro, fiuncho, dente de
león, chuchamel, folla de limoeirio, entre outros), interviron activamente na
elaboración das receitas e se comportaron como excelentes pinches de cociña.
E como colofón, aproveitando que estabamos na semana do libro, decidimos escribir na escola de Lestedo, o noso propio "Libro das receitas de Diego López".
Mirade que ben nos quedaron:
E como colofón, aproveitando que estabamos na semana do libro, decidimos escribir na escola de Lestedo, o noso propio "Libro das receitas de Diego López".
Mirade que ben nos quedaron:
domingo, 3 de mayo de 2015
DÍA DO LIBRO EN SAN XIÁN
Na escola de S.Xián festexamos o 23 de abril o día do libro.Para conmemorar esa data tan importante fixemos distintas actividades con todos os nosos mestres.Entre todos opinamos da importancia dos contos nas nosas vidas,das persoas que nos contan contos cada día, os nosos pais , nais, avós, mestres ....
E fixemos un libro entre tod@s elexindo o noso conto preferido.
¡ CANTO DISFRUTAMOS COS CONTOS !
sábado, 2 de mayo de 2015
Xa estamos en maio!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)