DAR UNHA VEZ MÁIS AS GRAZAS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CRA E AS SÚAS FAMILIAS POR FACER TODO MÁIS DOADO E SINXELO.
VOLVEREMOS CON MÁIS FORZA!!
UN SAÚDO E BO VERÁN!!
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
E para rematar a semana imos cunha actividade creativa do instagram de @teachingtachan: un abecedario reciclado. A idea é crear con elementos naturais e de refugallo as diferentes letras do alfabeto. Podemos comezar polas letras do noso nome e despois ir engadindo outras. Despois, podemos facer fotos das mesmas e imprimilas e traballar con ese abedecario propio para construír palabras. Déixámosvos esta imaxe a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!
Bo venres, familia!
Hoxe, 5 de maio, é a data reivindicativa que a ONU escolleu para adicar ao Medio Ambiente, pola necesidade que temos os humanos de cambiar o modo de usar os recursos que nos ofrece o planeta e así conservalo, pois é o único fogar que coñecemos, ... de momento.
O curso pasado traballamos un chisquiño sobre un conto escrito e ilustrado por Eva Clemente que se titula “¿Qué le pasa al planeta?" A ver quen se acorda:
Como vedes este conto quere facernos entender que as grandes empresas e os gobernos poden ser axentes de cambio para mellorar o Medio Ambiente, pero sobre todo cada uno de nós podemos facer moitas cousas pequechiñas que sumadas producen cambios significativos.
É a mesma idea que nos deixaba o historiador Howard Zinn nunha das súas célebres frases: “Se a xente puidera ver que o cambio se produce como resultado de millóns de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar estes pequenos actos”.
O momento actual que vivimos inmersos na pandemia do Covid19, está deixando patente nas nosas rúas o excesivo consumo de artículos non reutilizables como mascarillas e luvas hixiénicas que logo aparecen ciscadas por todas partes. Pensade que se poden empregar mascarillas reutilizables e lavar a menudo as mans en lugar de usar luvas.
Recordades o conto que un compañeiro trouxo á escola polo seu aniversario? Pois ollade o que nos canta “La ballena llena” sobre o uso de mascarillas e luvas:
Propoñémosvos que recollades a través dun debuxo, dun vídeo, dunhas fotos, dun audio, dun escrito nun papel, ... como se vós ocurra, algunhas desas pequenas cousas que facedes a diario ou de vez en cando e que axudan a coidar o planeta. Así podemos aportar ideas entre tod@s para mellorar o noso entorno.
Boa finde chic@s!!