Temos regadeira nova e que mellor xeito de facer usa dela na nosa horta. En nada xa estaremos comendo das nosas colleitas.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
miércoles, 22 de mayo de 2019
viernes, 17 de mayo de 2019
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Queremos compartir con vós o fantástico traballo que fixemos desde todas escolas do CRA para conmemorar o Día das Letras Galegas en colaboración co Concelo de Vedra.
Pensamos a palabra que máis nos gustaba, que nos sonaba máis fermosa e tivemos que chegar a consenso para elixir " A NOSA PALABRA MÁIS FERMOSA". E como pon o vídeo ao final....CAL É A TÚA??
Desfrutádeo coomo nós disfrutamos facéndoo.
Pensamos a palabra que máis nos gustaba, que nos sonaba máis fermosa e tivemos que chegar a consenso para elixir " A NOSA PALABRA MÁIS FERMOSA". E como pon o vídeo ao final....CAL É A TÚA??
Desfrutádeo coomo nós disfrutamos facéndoo.
jueves, 16 de mayo de 2019
Trasplantando a nosa colleita
miércoles, 15 de mayo de 2019
Listaxe definitiva de admitidos para o vindeiro curso 2019-2020
Presentamos a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020. Para calqueira dúbida podedes chamar ao teléfono 616440471, por correo electrónico no enderezo cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es ou ben dirixíndovos a calquera das nosas escolas. Ata pronto!!
DÍA DA FAMILIA
Hoxe, 15 de Maio do 2019, queremos acordarnos especialmente das nosas familias,esas que tanto queremos e admiramos.
Para iso elaboramos uns acrósticos cos nosos nomes nos cales reflexamos moitos aspectos positivos de nos mesmos, incluso ánimamonos con versos.
Feito con moitísimo cariño, esperamos que vos gusten.
domingo, 12 de mayo de 2019
O TALLER DE CARMEN, A
SUPERHEROÍNA CEGA
O mércores 8 de maio pasamos un rato ben especial
con Carmen, que veu a Lestedo cunha maleta chea de xogos que todos coñecíamos,
pero algo tranformados, adaptados para que os nenos e nenas ceg@s poidan xogar
e aprender todo o que precisan para desenvolverse na vida coa máxima autonomía
posible.
Coñecimos o Sistema Braille a través do boneco
Braillín e de libros con moitísimas texturas, cores, letras e puntiños. Xogamos
cunha pelota sonora, intentamos averiguar co olfato a cor de rotuladores que
ulen (amorodo-vermello, limón-amarelo,
menta-verde, …). Puxemos antifaces e camiñamos coa axuda dun bastón máxico e
plegable. Escoitamos un teléfono móbil que non paraba de falar rapidísimo e
escribía ao ditado. Averiguamos para que servían os sonidos dalgúns semáforos e
dos cambios nas baldosas das beirarrúas e que ata se podía andar en bici sen
ver.
Carmen demostrounos que polo camiño da vida andan
moitos superheroes sen capa. Moitas grazas e ata outro día.
lunes, 6 de mayo de 2019
Os vermes de seda
jueves, 2 de mayo de 2019
Xogando a coidar a horta
Hoxe Martín tróuxonos un xogo super chulo de #brazolinda"A Horta dos Caracois"'. É un xogo colaborativo, no que de 4 en 4 temos que intentar recoller os froitos da horta antes de que os caracois se extendan Pola Horta e gañen eles! Gustounos moito! Xa estamos a pensar en compralo para a escola.
miércoles, 1 de mayo de 2019
TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL
Todas as escolas do CRA tivemos a sorte de participar nuns talleres de música e baile tradicional a cargo das Asociacións San Campio de San Miguel de Sarandón e Mestre Manuel Gacio de Lestedo.
Os seus mestres: Gustavo, David e Andrea fixéronnos tocar, bailar, sudar e por riba de todo disfrutar.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo o que aprendimos.
Moitísimas gracias chic@s por facernos valorar un pouco máis o noso, a tradición e A MÚSICA!!!
Os seus mestres: Gustavo, David e Andrea fixéronnos tocar, bailar, sudar e por riba de todo disfrutar.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo o que aprendimos.
Moitísimas gracias chic@s por facernos valorar un pouco máis o noso, a tradición e A MÚSICA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)