Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
miércoles, 24 de junio de 2015
CALENDARIO PARA O CURSO QUE VEN
Preme na imaxe para acceder á orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario para o próximo curso, que como pon na orde comezará o vindeiro 10 DE SETEMBRO.
martes, 23 de junio de 2015
LIBROS E MATERIAL CURSO 2015/2016
Neste enlace podedes descargar o material e os libros de texto que se empregarán en cada escola para o curso que ven.
viernes, 12 de junio de 2015
jueves, 11 de junio de 2015
A VIAXE A APÍPOLIS
O pasado martes estivemos todo o día de excursión nas instalacións de Apípolis.
Este centro, situado a só 3 km de Pontevedra, trata de dar a coñecer de xeito lúdico, as relacións existentes entre as abellas e os humáns e de concienciar aos nenos da importancia que estes seres pequechos teñen na conservación do noso medio natural.
Os nosos alumnos/as, repartidos en grupos reducidos, visitaron acompañados de monitores-guías, as múltiples salas de exposición de que dispón o recinto.
Estaban ansiosos por entrar no apiario, vestidos de abelleiros.
Aínda que a visita ao apiario foi unha das actividades preferidas, tamén disfrutaron envasando mel dun panal.
Quedou tempo ata de facer galletas con mel; xa deben ser uns expertos axudantes de cociña!
Despois de xantar, aproveitaron para facer xogos ao aire libre, cancións e danzas.
Moitos deles, acabaron tan cansadiños que aproveitaron a viaxe de regreso para botar una cabezadiña. Ata a próxima!!
sábado, 6 de junio de 2015
De cumple por Sarandón!!
Este venres estivemos de cumple por Sarandón. Nesta ocasión foi o noso amigo Paio o que comartiu con nós unha riquísima tarta de queixo para celebrar este especial e bonito día. Parabéns Paio de parte de todos os amigos e amigas do CRA!!!!
martes, 2 de junio de 2015
Unha flor especial!!
Chegadas estas datas, na clase de relixión conmemoramos sempre o mes de maio, un mes moi especial, xa que é o mes que comeza coa celebración do día da nai, continúa máis adiante homenaxeando a familia, é o mes das flores... e en especial, para os cristiáns, o mes de María. Por todo iso, elaboramos unha planta un tanto especial, en forma de corazón para dar as grazas a todos aqueles que son especiais no noso día a día e aos que nos sobran razóns para querer e agradecer. Espero que vos gustara!!
lunes, 1 de junio de 2015
Xa chegan as vacacións!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)