Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 22 de junio de 2017

CALENDARIO ESCOLAR






            Saiu hoxe publicado o calendario escolar para o curso 2017-2018 o cal podedes consultar na súa totalidade no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170622_calendario_escolar.pdf

As datas a destacar son as seguintes:

COMEZO DAS CLASES: 11 DE SETEMBRO
REMATE DAS CLASES: 21 DE XUÑO

PERÍODOS NON LECTIVOS:

NADAL : do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
ENTROIDO: 12,13 e 14 de febreiro
SEMANA SANTA: do 24 de marzo ao 2 de abril
Día do ensino: 7 de decembro

miércoles, 21 de junio de 2017

MATERIAL ESCOLAR 2017-2018




Neste enlace podedes consultar as listaxes do material funxible e libros de texto de cada escola:




10 ANOS DE CRA


FOI POR ALÁ POLO ANO 2006-2007 CANDO ESTE CRA BOTOU A ANDAR GRAZAS A UNS MESTRES E MESTRAS DAS ESCOLAS UNITARIAS QUE QUERÍAN OFRECERLLE AOS SEUS ALUMNOS/AS AS MESMAS OPORTUNIDADES QUE TIÑAN OS NENOS/AS DOS CENTROS GRANDES, DENDE AQUELA ATA ESTE CURSO AS COUSAS CAMBIARON MOITO PERO ESE ESPÍRITO FAMILIAR, DE ENTREGA E DE COLABORACIÓN CONXUNTA SEGUE VIVO.
GRACIÑAS A TODOS/AS OS QUE DUN XEITO OU DOUTRO NOS MANTEDES VIVOS¡¡¡








lunes, 5 de junio de 2017

Día Mundial do Medioambiente


    A semana pasada tivemos a visita  no noso cole de Santiago Neira, un axente medioambiental de extinción de incendios que nos ensinou moitas cousas pero sobre todo o importante que é coidar do noso monte, das nosas árbores, dos animais, de manter limpa a natureza e sobre todo, da concienciación de que isto é cousa de todos¡¡¡
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design made with Smilebox

Día do mediambiente!

Xa chegando ao final do curso quixemos celebrar o día do medio ambiente dun xeito moi especial.  Unha gran persoa veunos ensinar moito do medio que nos rodea, o importante que son algunhas cousas que descoñecíamos e o que temos nas nosas mans para axudar á Nai Terra. Facendo clic na seguinte imaxe poderás ver un resumo de todo o que aprendimos mentres o pasábamos de luxo.

IMG_20170530_132633_860x645