Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 24 de diciembre de 2013

OS NOSOS SORRISOS

     


                    " Un sorriso non custa nada 
                                                      e ainda que non dura máis dun intre,
                                                       o seu recordo é, ás veces, eterno"

Esperamos que entredes no ano novo cun sorriso!!!




     
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox









lunes, 23 de diciembre de 2013

NADAL POR CAMPORRAPADO

Estes días andivemos moi atareados cos últimos traballos que realizar, pensando en que o Nadal xa chegaba e con el a visita do Papá Noel e dos Reis Magos, as vacacións... E aí van unhas fotos para que vexades como celebramos o últimos día de clase do 2013:

Primeiro recibimos a visita de Papá Noel:



E logo compartimos merenda e xogos cos nenos da profe Tania que pensou en elaborar unha merendola cunha tarta elaborada polos propios nenos e nenas, e velaí vai o resultado: 
                                                              



  



sábado, 21 de diciembre de 2013


                             FELIZ CUMPLEANOS DE  XANDRE EN S.XIÁN

 Para rematar este primeiro trimestre en S.Xián tivemos unha doble celebración o cumpleanos do noso compañeiro Xandre que cumplía 6 anos e tamén a festa do Nadal .Pasámolo moi ben, ainda que nos faltaban algúns compañeiros que estaban enfermos,  tomamos unha tarta boisima.
. E dende aquí todos os que formamos parte desta escola desexamosvos un FELIZ NADAL cheo de cousas boas .Ata a volta.
 




 

jueves, 12 de diciembre de 2013

O Magosto

Este curso o noso magosto foi un tanto especial. Fixemos todo dun xeito ecolóxico e con material reutilizable e reciclado. De feito, xogamos ás construccións con carozos do millo e pintamos coa pintura do tizón. A modo de exemplo mostrámosvos unha parte da decoración que tamén foi con material deste tipo. Agardamos que vos guste!!

O magosto

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Unha granxa moi especial

Como nunca paramos de pensar en como podemos xogar e desfrutar sen perxudicar o medio ambiente, este curso levamos a cabo a elaboración dunha granxa moi especial, toda ela con material reutilizable e reciclado. Toda a comunidade educativa do CRA participou neste proxecto, dende os pais-nais, o claustro e como non, os grandes protagonistas: os nenos e nenas que coma sempre, fan sentirnos orgullosos do noso traballo diario.

[youtube d2lcaSJMJdk&feature=youtu.be]

lunes, 9 de diciembre de 2013

MÚSICA DISNEY


O pasado 3 de decembro fixemos unha saída ao Auditorio para escoitar a Banda de Música de Santiago que interpretaron diferentes pezas musicais de películas Disney, como por exemplo O Rei León, Shrek, Aladdin ou La Sirenita entre outras.













Despois merenda e tempo de lecer que o día acompañaba:




E hoxe tivemos a sorte de que o profe de música,Gonzalo, nos interpretase un pequena peza da Sirenita na clase co trombón:



DE CUMPREANOS POR CAMPORRAPADO

Hoxe celebramos o último cumpreanos do 2013 en Camporrapado, o de Damián, que xa ten 5 anos. Tróuxonos un rico biscoito caseiro e unhas chuches para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Aí van unhas fotos da celebración e non queda máis que dicir que: MOITAS FELICIDADES DAMIÁN.





























viernes, 6 de diciembre de 2013

            
                                   CARLOS CUMPLE 5 ANOS EN S.XIÁN

   En S.Xián volvemos a ter  festa de cumpreanos, e desta volta foi Carlos que xa ten 5 anos. E para celebralo invitounos a compartir unha tentadora tarta decorada como non co seu xoguete preferido O TRACTOR.
Mirade que fermosa estaba,non lle faltaba detalle, que ata daba pena cortala, pero demos boa conta dela.






miércoles, 4 de diciembre de 2013

                                           
                                                  
                                                       CUMPREANOS EN S.XIÁN

      Na escola de S.Xián , na aula de Educación  Infantil  estivemos de celebración.O noso compañeiro mais novo Brais cumpriu 3 aniños e invitounos a tod@s a unhas riquisimas chuches.
                                           
                                                     MOITAS FELICIDADES.