Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
martes, 21 de diciembre de 2021
FELICES FESTAS A TOD@S!!!
Remata hoxe un trimestre que se iniciou con algún choro pequeniño pero que remata da mellor maneira posible...CON GRANDES SORRISOS NAS CARAS DO NOSO ALUMNADO.
Recargade forzas, descansade moito e coidádevos que o 10 de xaneiro querémosvos a todos de volta.
Unha aperta enormísima e os mellores desexos de todo o profesorado do CRA.
lunes, 20 de diciembre de 2021
Papá Noel
Este nadal Papá Noel non pode vistar as nosas escolas pero sempre se acorda de nos e puidemos conectar con él en directo dende Laponia.
Foi moi emocionante!!
Moitas Grazas ao Concello de Vedra e o de Boqueixón por facelo posible!!
domingo, 5 de diciembre de 2021
VOLCÁNS
Estos días tivemos polas nosas escolas un obradoiro cargado de experimentos para seguir aprendendo moito máis sobre os volcáns así coma moitas outras curiosidades. Aproveitamos para resolver algunhas dúbidas que tiñamos sobre o tema.
Aquí vos deixamos un resumo do seu paso polas escolas. Así coma mostra dun dos experimentos.
Grazas a ANPA por achegarnos a Arenaria Coordinación.
sábado, 4 de diciembre de 2021
NOVEMBRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO
Preme sobre a imaxe |
Durante este mes realizamos
3 colleitas grazas ó inverno
tan temperado que estamos
a ter este ano.
Preme sobre a imaxe |
Realizamos a plantación de inverno.
Preme sobre a imaxe |
A profe Sofía fíxonos unha presentación sobre a compostaxe. Despois abrimos a nosa composteira e usamos o compost para rechear os bloques e plantar tulipáns.
Preme sobre a imaxe |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)