Onte 29 de setembro, "San Migueliño das uvas maduras..." na escola apareceu unha viña, puxémoslle os nomes, saboreamos as uvas, vendimamos, esmagamos, prensamos, coamos, envasamos, bebemos e convidamos a veciñanza a mosto polo campo da festa, mentras A gaita de Sarandón agasallaba ca música o baile das follas cas notas da requinta de Pepe.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 30 de septiembre de 2016
Rematamos setembro en Sergude
lunes, 26 de septiembre de 2016
San Xián: O outono con moito ritmo!
O grupo de infantil da escola de San Xián quérevos animar nesta nova estación.... o outono.
miércoles, 21 de septiembre de 2016
O noso primeiro proxecto!
O grupo de tres anos da escola de San Fins, estamos a facer o noso primeiro proxecto: "Os sete ratos cegos"
Traballamos os días da semana a través deste conto, empregámolo na asamblea ao comezo da clase.
Free photo slideshow customized with Smilebox |
viernes, 16 de septiembre de 2016
ÁRBORE DA CLASE DE SAN FINS
This free digital slideshow generated with Smilebox |
Este ano fixemos a árbore da nosa clase, representando que somos un equipo que medra xunto, seguindo o obxectivo de alcanzar cada unha das regras da nosa clase.
jueves, 15 de septiembre de 2016
sábado, 3 de septiembre de 2016
REUNIÓN DE PAIS/NAIS COMEZO DE CURSO
Moi benvidos a tod@s, os que xa sodes veteranos no CRA e os que imos empezar unha nova andaina . Como sabedes o vindeiro LUNS 12 de SETEMBRO comeza de novo o cole e é por este motivo que dende o claustro do CRA queremos ter unha reunión informativa con vós para comentarvos quen son os novos mestres que veñen, como vai ser o período de adaptación para os nenso/as, proxectos que temos en mente,...
A data da reunión é o vindeiro XOVES 8 DE SETEMBRO ÁS 19:30 no local sociocultural Camilo José Cela en Lestedo,situado no campo da feira no local encima da Escola Infantil Municipal "Raiña Lupa" de Lestedo, onde tamén está a Sede do CRA.
Agardamos que poidades vir. Vémonos alí¡¡¡¡¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)