Xa queda menos para que nos volvamos ver as caras e por se algún papi ou mami despistada se lle pasou o da compra dos libros, mándovos a listaxe xeral do CRA. (Podedes descargala premendo na imaxe)
Ollo porque non en todas as escolas piden o mesmo material, así que os que conservades a folla que se vos entregou a finais do curso, esa é a verdadeira, e os que non, podedes consultar a listaxe de cada escola no taboleiro da mesma.
Vémonos en breve¡¡¡
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
martes, 23 de agosto de 2011
E AGORA FINALISTAS¡¡¡¡
Se en xullo case non creiamos que eramos semifinalistas, imaxinádevos como estaremos de contentos/as no CRA coa gran nova de que somos FINALISTAS no prestixioso Educared. Estamos entre os 16 mellores traballos de innovación educativa coas TIC dos países de fala hispana. Agora quédanos esperar a setembro para saber se estamos entre os gañadores.
Felicidades a todos/as os que conformades a comunidade educativa do CRA, os mestres/as pola súa labor, os pais /nais polo seu apoio incondicional, os concellos polo seu compromiso con nós,o CESGA por facernos grandes e sobre todo a os nosos nenos/as por ensinarnos tanto e deixar que lle ensinemos. Parabéns¡¡¡¡¡
DENDE O INFINITO AO MÁIS ALÁ¡¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)