Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
miércoles, 27 de febrero de 2013
martes, 26 de febrero de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
lunes, 18 de febrero de 2013
En Sergude tamén celebramos o Entroido cunha boa merendiña, (gracias papás)e bailando o "baile do cabaliño" disfrazados coma todos no CRA.Unhas risas!!
Nevou en Sergude? Non, pero fixemos un boneco de neve case de verdade, só que non está frío nin se derrete. Ademáis tén filliños.Tamén fixemos un móvil de paragüiñas, un mural...Como o inverno é taaan loooongo hai tempo para todo.
jueves, 14 de febrero de 2013
Feliz día de San Valentin
Neste día tan especial, un abrazo moi grande para o noso profe Antonio que o temos recién operado e progresando adecuadamente, e en breve xa estará dando caña dende Sarandón.
Para él, gran fan dos Beatles e para todos:
Para él, gran fan dos Beatles e para todos:
Saint Valentine´s day
Hoxe na clase de inglés celebramos o día da xente que se quere, o día de San Valentín. Pintámonos a cara, fixemos un "funny Valentine" y máis unha bolbereta de san valentín para levar para a casa. Pasámolo Chupi¡¡¡
ANIVERSARIO EN SAN VALENTIN
Teresa cumpre hoxe, 14 de febreiro, oito anos e para celebralo na escola cos seus compañeiros e compañeiras, a mamá de Irea fixo unha deliciosa torta coa forma dun corazón, por suposto... PARABENS!!!
miércoles, 13 de febrero de 2013
VIDEOCONFERENCIA ENTROIDEIRA
O pasado venres para celebrar o Entroido as escolas do CRA conectámonos por videoconferencia para ver como nos quedaran os nosos traxes de Bob Esponja e cantar unhas cancións moi de moda. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos.
martes, 12 de febrero de 2013
ANTROIDO EN SAN XIAN
Non podiamos esquecer da festa do antroido da nosa invitada especial a piña disfrazada que mandaron uns papás para acompañar ao entrañable BOB esponja, no seu día triunfal. Non quedou nadiña dela xa que despois de tantas orellas ,filloas , rosquillas e demais apetecia unha piña fresquiña.Algúns pais están en todo. .Mirade que simpática estaba.lunes, 11 de febrero de 2013
UN ENTROIDO DE PAZ EN CAMPORRAPADO
O 30 de xaneiro foi o Día da Paz; en Camporrapado decidimos celebralo facendo un cesto de flores para Dona Paz. Cada neno e nena plasmou en cada pétalo un sentimento ou acción que fai que reine entre nós tódolos días do ano. De todo corazón esperamos que así sexa.
A Paz tamén estivo presente durante a celebración do Entroido. Durante a semana trouxemos diversos accesorios que nos favorecían moitísimo... Finalmente, o venres a escola transformouse en "Fondo de Bikini" coa chegada de numerosos "Bob Esponja". Organizamos unha gran festa con xogos, cancións, bailes, e unha estupenda merenda grazas ás larpeiradas que aportaron as familias.
Moitas grazas a todos pola colaboración. Bo Entroido!!!
sábado, 9 de febrero de 2013
UNHA HORTA PARA LESTEDO
Despois dun ano de espera, por fin iniciamos a nosa andura co proxecto da horta. Puxemos a nosa primeira plantación a mediados de novembro e agora en febreiro a nosa horta segue en pe e parece ser do agrado de babosas e outros bichos porque o repolo está ben furado. Velahí tedes o noso esforzo e tesón. Esperamos aumentar a nosa plantación en breve.
Vaia o meu agrademento a Nina, que nos aportou horas de dedicación e consellos.
viernes, 8 de febrero de 2013
O ENTROIDO EN CAMPORRAPADO
Esta semana pasámolo moi ben na escola xogando ao xogo do burro manda, facendo caretas, disfrazándonos...
Hoxe celebramos o entroido na escola cunha rica merendola que trouxeron os papás e mamás e logo disfrazámonos de Bob Esponja. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Feliz entroido a todos.
O BURRO DO ENTROIDO NA ESCOLA DE SARANDÓN
Chegou o Entroido á escola de Sarandón. Un ano mais voltou a tradición de poñer o burro. Na mañan do luns apareceu na porta da escola este fermoso burro. Nas terras do Ulla é tradicional mandarse burros para burlarse dos coñecidos e veciños, tamen é un xeito de compartir a ledicia e a festa do Entroido. Pero...
Quen nos poñeria o burro....?
Tradicionalmente ninguén quería quedar co burro, pero este que nos puxeron a nós é tan bonito e portase tan ben que queremos quedar con el. Hoxe puxémoslle nome nunha votación entre todos . Chamase DONKI. Está moi contento na nosa escola. Fomos investigando e descubrimos que Donki fíxoo e púxonolo Ana Segade, a mamá de Irea. Grazas e bo Entroido.
lunes, 4 de febrero de 2013
DÍA DA PAZ
A saúde, a educación, o xogo...son algúns dos dereitos que non lle deberían faltar a ningún neno/a do mundo. Para coñecelos realizamos un libriño sinxelo. E quedounos chuli!.
domingo, 3 de febrero de 2013
Un ano máis chega ao CRA o burro de entroido preparado para facer moitas trasnadas. Como sabedes cada día mándanos traer cousas á escola para celebrar o carnaval dun xeito divertido, así que moi atentos ao cartel da escola para saber que temos que traer ao día seguinte¡¡¡¡¡
Para comezar o luns todos temos que traer unhas gafas á escola, non pode faltar ninguén así que....
A ver se se animan os papás,mamás,avós e demáis familia e aparecen disfrazados no cole¡¡¡¡¡
CARNAVAL,CARNAVAL, CARNAVAL TE QUIERO, LALALALALALALA¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)