Este venres en S Fins elaboramos coa axuda de dúas avoas unha esquisita comida a base de legumes. Estivemos axudando a cortar os ingredentes, engadilos á pota e como non, degustala na compaña de todos os papás e mamás. Grazas a todos pola vosa axuda. Facendo clic co rato na seguinte imaxe, veredes un resumo do que ese día fixemos
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 31 de marzo de 2017
miércoles, 29 de marzo de 2017
lunes, 27 de marzo de 2017
Día Mundial do Teatro
Quen hai aí?
É o título do manifesto galego, que a actriz Inma Antonio lerá co gallo do Día Mundial do Teatro, nos Premios María Casares.
Nel proclama ca cultura e o teatro "...son dereitos básicos que cómpre defender..."
Os nenos e as nenas de Sarandón, da mán de Antonio (mestre e actor de Andaravía Teatro), xogan coa esencia do teatro mentres aprender a vivenciar o teatro na escola.
viernes, 24 de marzo de 2017
Cociñando legumes en Camporrapado.
Ademais de traballar nas leiras ou nas hortas das escolas para este proxecto, neste segundo trimestre, a cociña acadou unha importancia destacada. En primeiro lugar, levamos a cabo en todas as escolas talleres de cociña nos que as mamás nos axudaron e elaborar diferentes menús, todos eles relacionados coa temática do proxecto. Deste xeito, aproveitamos para facer un día de convivencia escolar de toda a comunidade educativa, degustando as delicias que entre todos elaboramos.
jueves, 23 de marzo de 2017
Xogo-Conto "Sempre de chós"
miércoles, 22 de marzo de 2017
Conmemoramos o día da auga!!
O 22 de marzo temos algo moi importante que conmemorar, o día da auga, ese ben tan preciado que
temos que consumir de xeito responsable e tan importante é para a nosa saúde. En todas as escolas levamos a cabo actividades relacionadas coa finalidade de adquirir unha maior concienciación cara o consumo e uso na escola e nas nosas casas.
temos que consumir de xeito responsable e tan importante é para a nosa saúde. En todas as escolas levamos a cabo actividades relacionadas coa finalidade de adquirir unha maior concienciación cara o consumo e uso na escola e nas nosas casas.
martes, 21 de marzo de 2017
A horta de Sergude
Aproveitando unha tregua que nos deu o inverno antes de que rematara, en Sergude puxemos en marcha a nosa horta con moita ilusión. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo en equipo que levamos a cabo. Agora só nos queda coidala e esperar unha boa colleita para compartir!
lunes, 20 de marzo de 2017
Día da Felicidade
Dicen que la felicidad es difícil de encontrar, pero no es cierto.
Que divertido es ser feliz si te sientes entre amigos de verdad.
Ya lo ves, que fácil es, el truco es sonreir.
Aunque todo vaya mal, las cosas cambian al final.
Cada mañana al despertar simplemente hay que decir... que divertido es ser feliz.
miércoles, 15 de marzo de 2017
Sarandón e Quique na Aldea
Hoxe da mán do mestre Antonio, as nenas e os nenos de Sarandón lembramos ao noso amigo Xosé Neira Vilas. Escoitamos a historia de Quique, do seu libro Quique na aldea, aprendimos moito de bechos, de xogos, de familias, de lembranzas.... cantamos e bailamos.
Pasámolo fenomenal!
Customize your own free slideshow |
martes, 14 de marzo de 2017
lunes, 13 de marzo de 2017
SAN XIAN VISITA UNHA GRANXA
Hoxe os nenos e nenas da escola de san Xian puidemos disfrutar da visita á granxa dos avós de Brais e Ángela; e alí coñecemos as principais características, como se alimentan e identificamos as crías dalgúns animais domésticos, cuns guías excepcionais.
Ademáis coñecemos de primeira man como é o funcionamento dunha granxa de vacas, productora de leite.
MOITAS GRAZAS AVÓS DE BRAIS E ÁNGELA!!!
domingo, 12 de marzo de 2017
martes, 7 de marzo de 2017
INSTRUMENTOS ESPECIAIS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)