Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Nas escolas de Lestedo e Sergude fixemos un encontro interxeneracional con usuarios/as do Programa de Prevención da Dependencia do concello de Boqueixón, acompañados/as da súa educadora. Pasamos unha mañá moi agradable, contándonos uns aos outro as nosas experiencias de escola e de vida. Descubrir como era a vida e a escola dos maiores foi moi sorprendente para nós... era tan diferente.... Despois xogamos, cantamos, pintamos e compartimos unha merendola con eles e elas!
Moitas grazas pola visita! Repetiremos seguro!
Para ver un pouco mais de cada un dos encontros preme nas seguintes imaxes.
En Sergude estamos metidos no Proxecto de Voz Natura, e decatámonos de que andar a gardar os apeiros de labranza no piso de arriba non nos era nada efectivo, así que decidimos invertir cartos do presuposto en mercar un caseto para gardar toda a ferramenta que usamos para coidar da nosa horta e xardín. Temos que dar as grazas ás familias que nos axudaron a facer o chan e a montar e asentar o noso caseto! Estamos encantados/as con el!
Por segundo ano as familias da escola de Camporrapado, actuais e licenciadas, participan no tradicional desfile de carrozas da aldea. Unha festa que a veciñanza aprecia moito.
Premendo sobre a imaxe podedes ver o noso traballo
En San Xián tivemos unha saída pola contorna acompañados dos nosos pais e nais e guiados por un Axente Forestal que nos levou ao Muíño de Novais: alí explicounos o seu funcionamento; botamos auga ca mangueira, subimos o camión e escoitamos a serea,...
Pasámolo en grande!!!!
Moitas Grazas Chajo por esta experiencia e as nosas familias grazas tamén por estar sempre dispostas, acompañarnos e formar parte desta gran escola.
E seguimos a viaxar polo mundo e desta vez da man de Juli.
Ensinounos o seu país de nacemento: R. Checa, presentándonos á súa familia, ás súas mascotas, a comida típica...e tamén nos levou de viaxe por Xapón onde ela estudou.
Relaxámonos un montón escoitando música tradicional xaponesa e quedáronnos ganas de probar todas estas comidas e visitar e ver esas paisaxes tan bonitas!!!!
As escolas do CRA que teñen primaria, fomos invitadas á biblioteca Ánxel Casal para disfrutar dunha presentación sobre as abellas.
O día 20 de Maio celébrase o " Día Mundial das Abellas" e dende a biblioteca Ánxel Casal prepararon uns talleres para explicar a importancia que teñen as abellas na natureza, así como outros insectos que contribúen na polinización.
Nun dos talleres elaboramos casiñas para os insectos e noutro explicáronos como se organizan as abellas para facer o mel, que función ten cada unha dentro da colmea ( raíña, zánganos e obreiras) e o seu papel tan importante para a conservación dos diferentes tipos de plantas.
Despois da biblioteca merendamos no patio do CEIP López Ferreiro e logo desfrutamos dunha camiñata pola zona vella de Santiago: Praza do Obradoiro, Praza de Cervantes e rematamos na Praza de Abastos para ver todo o que hai no mercado.
En San Xián tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial, María e Suso cociñeiros profesionais, estiveron na nosa escola e ensináronnos a elaborar diferentes pratos.
O rematar puidemos levar unha pequena mostra para as nosas casas. Estaba todo boísimo!!
Desta volta da man de Stephen que nos levou de viaxe polo seu aís de nacemento: Luxemburgo, o país da súa nai e donde estudou na universidade: Irlanda e Francia, país no que estudou a primaria e a secundaria.
Falounos da súa familia, comida favorita, hobbies (que eran moitos) e ensinounos unha danza tradicional irlandesa e aprendimos unha danza tradicional de Luxemburgo.
E como para mostra un botón, aquí vos deixo un vídeo do moito que viaxamos.
Despois dun parón por mor da pandemia, do confinamento e das medidas covid nos centros educativos...este ano iniciamos novamente o noso PROXECTO INTERCULTURAL!!!!
Da man dos voluntarios de Don Bosco coñeceremos e visitaremos varios países.
Hoxe coñecemos ITALIA, da man de Silvia, que falándonos en italiano levounos a coñecer o seu país, costumes, comidas e escoitamos dúas cancións que nos encantaron.
Neste vídeo tedes un pequeno resumo do moito que aprendemos e o ben que o pasamos.