Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
jueves, 24 de abril de 2014
DE CUMPREANOS POR CAMPORRAPADO
O primeiro día de clase despois das vacacións, comezamos coa celebración do cumpreanos de Brais que foi realmente o 18 de abril. Nada máis e nada menos que 6!!!!!! E con alegría e felicidade celebramos este día na súa compaña e na de todos e todas @s compañeir@s. Un bico para BRAIS!!!!!!!!!!!!!!
Que será, será...
Cantas veces nos preguntamos as mestras que serán os nosos pequenos de maiores...
Pois esto é o que eles pensan :)
Pois esto é o que eles pensan :)
miércoles, 23 de abril de 2014
O día do libro en voz natura
Aproveitando o mural que fixéramos para o día da Paz, sobre unha árbore, os nosos nenos e nenas inventaron un conto da natureza. Presentámosvos este a modo de exemplo. Esperamos que vos guste!!
[youtube _CikVbBf7Eo]
martes, 22 de abril de 2014
Día da nosa Nai Terra
Hoxe, día no que voltamos das vacacións de Semana Santa, queremos felicitar a todo@ no día da nosa Nai Terra. Amosamos o noso compromiso, dende o CRA Boqueixón-Vedra, no coidado da mesma para uso e disfrute dos que hoxe a contemplamos e para os que veñan en vindeiros anos.
miércoles, 9 de abril de 2014
RECIBEUNOS O PRESIDENTE
O pasado luns as catro directoras dos CRAs da nube fomos recibidas nada máis e nada menos que polo sr. Alberto Nuñez Feijjo, presidente da xunta.
Amosámoslle a nosa nube que lle gustou moito, falámoslle do cambio metodolóxico do ensino a traves das novas tecnoloxias que se está levando nos CRAS e a nosa aposta por un ensino rural público de calidade.
Fixemos un vídeo para saber quen era o noso presidente con todolos nenos dos cras e invitamolo a participar connosco nunha videoconferencia. E sabedes que??? Aceptou o convite!!!!!
DRABOQUE
Xa levamos un tempo dándolle o asunto pero agora xa podedes visitar o blog ambiental do cole que se chama Draboque, un xogo de palabras cos nomes dos nosos concellos (veDRA e BOQUEixón). Xa tedes o enlace na marxe dereita así que a disfrutalo.
Agardamos que vos guste¡¡¡¡
martes, 8 de abril de 2014
Comezamos as nosas colleitas!!
Chega a primaveira e que mellor momento para ver medrar os froitos dos nosos traballos. Aquí presentámosvos unha sementeira que fixemos de lentellas e a súa evolución e en material reutilizado e reciclable. Todo un éxito, xa que naceron e medraron todas. Estamos feitos uns agricultores ecolóxicos dos mellores!!!
lunes, 7 de abril de 2014
A Voz de Camporrapado
Os nenos e nenas de Camporrapado elaboraron un periódico con novas do seu entorno máis próximo e mesmo inventadas por eles. Deste xeito, tamén traballaron as súas propias emocións.
[youtube A18t_32o_y8&feature=youtu.be]
jueves, 3 de abril de 2014
Día Internacional do Libro Infantil
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil,en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen que foi un escritor de contos infantís: O parruliño feo, A raiña das neves, A sereiña,O soldadiño de chumbo... etc.
Na escola de San Fins buscamos información en internet, limos algúns dos seus contos e fixemos esta entrada no blog.
miércoles, 2 de abril de 2014
A nosa visión do Acuario
Aquí vos deixo as fotos da visita á marisquería... estooo... ao acuario, sí, eso ;)
This digital slideshow customized with Smilebox |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)