Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
martes, 23 de febrero de 2016
Un quimico en Sergude
Seguimos co proxecto dos oficios en Sergude, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Alberto, o pai de Adrián e de facer varios experimentos!
Unha costureira en Sergude
Na escola de Sergude tivemos unha visita moi especial, Marta a mamá de Martin e Belén a mamá de Antía e Nico. Marta é costureira e tivemos a oportunidade de aprender unha chea de cousas do seu oficio.
miércoles, 17 de febrero de 2016
Pero xa
acabou o Entroido!
Pois agora nos queda recordar en imaxes algo do que fixemos e disfrutamos.
Coma outros anos, andivo pola escola un personaxe de orellas longas que nos foi dicindo como tiñamos que vestirnos durante unha semana enteira. E fomos ben "ghiadiños"!!.
Semanas atrás decidimos por votación democrática (estamos practicando para chegar ao Parlamento) de que iamos a disfrazarnos para o festival. Como o tema eran os oficios e non había moito consenso, ao final fixemos dous traxes.
Participamos no pasarúas e logo entre bágoas e axudante intrépido, fixemos gala das nosas dotes como bailarinas e leñadores. E quedamos ben guapos! Ollade!
CUMPLEANOS EN S.XIÁN
Este pasado mes de Xaneiro foi un non parar na escola de S.Xián.Foron dias de moitas celebracións ,nada menos que tivemos a 5 compañeiros de cumpleanos.Todos nos convidaron a celebrar ese día tan importante. SARAY, LIA, BRAIS, SERGIO E GISELA.Aqui os tedes ,mirade ¡¡¡ que grandes estan xa !!!!!!
PARABENS PARA TOD@S
SARAY
LIA
SERGIO
BRAIS
GISELA
viernes, 12 de febrero de 2016
miércoles, 10 de febrero de 2016
ENTROIDO EN SAN FINS
Este ano o tema do Entroido foron os oficios, en San Fins quixemos disfrazarnos de bombeiros
e para iso puxémonos mans a obra: preparamos os traxes, as ferramentas e o camión e listos xa para calquera emerxencia.
Durante a semana tamén fixemos caso as ordes do noso burro, pasámolo xenial e para rematar o venres tivemos o desfile con todos os nenos/as do CRA e a merenda que prepararon as familias, gracias pola vosa colaboración.
lunes, 1 de febrero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)