Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 23 de junio de 2011

CELEBRANDO FIN DE CURSO

En Sergude fixemos unha festiña para despedir o curso e brindamos polos nosos queridos compañeiros Zaira e Eloy que marchan para o Forte. Que lles vaia moi ben!

Esperamos que volvan visitarnos algunha vez.





Levamos para a casa un montón de traballos que fixemos nas clases de todas as profes.

Quedáronos rechulis!

FELIZ VERÁN A TODOS/AS!








lunes, 20 de junio de 2011

Marionetas



A semana pasada representamos o conto dos 3 porquiños con marionetas en todas as escolas. Dado o éxito obtido, o vindeiro curso faremos outras obras de teatro de contos clásicos con marionetas como por exemplo Carapuchiña vermella.

domingo, 19 de junio de 2011


Os nen@s de S .Xián temos unha noticia moi importante que comunicar ¡ Xa nos naceu unha bolboreta !.Estamos todos moi ilusionados agardando que dentro de moi pouco teremos moitas mais, esperemos que nazan todas antes de que remate o curso.Un saúdo para todos e se non nos vemos.......feliz verán.

viernes, 17 de junio de 2011

Camporrapado visita Marcelle







O pasado martes os nenos da nosa escola , xunto cos nenos das outras escolas do CRA, visitamos Marcelle para ver como viven os distintos animais: dromedarios, tartarugas, osos, lobos, serpes, cebras...





Pasámolo moi ben!

viernes, 10 de junio de 2011

Esta semana... molinillos!!!







Como agasallo de fin de curso fixemos molinillos de vento en todas as escolas do CRA, así que: todo o mundo o soprar!!!!!!





Moitas gracias Divina por ensinarme a facelos!!

miércoles, 1 de junio de 2011

Os cereais xa medraron!

Ola dende Sarandón, queremos que vexades canto medraron os cereais da nosa sementeira.



Centeo 180 cm, trigo 100 cm, cebada 125 cm, avea 110 cm...



Convivencia no Forte



Dende Camporrapado queremos dar as gracias ás profes do cole do Forte, Fina e a Rosi pola convivencia do xoves pasado. Os nenos e nenas disfrutaron moito das actividades que lles propuxestes e as profes vendo aos nosos nenos contentos, tamén. Gracias.