Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
lunes, 28 de marzo de 2011
UN ELEFANTE INDIO DA SORTE
Como xa vos informamos noutra nova, María a nosa coordinadora do CESGA do proxecto de Cloud Computing que levamos a cabo no cole, viaxou a Nova Delhi para presentalo a nivel mundial, e ademáis de horas de voo, presentacións, ponencias, .... tivo tempo para acordarse de nós e trouxonos un agasallo da India: un elefante da sorte para cada escola e caixa de "bombóns salados" para os mestres/as. Houbo a quen lle gustaron moito e a quen lle saberon algo "raros", agora a caixa na que viñan era chulísima. Moitas grazas María por ternos no pensamento.
domingo, 27 de marzo de 2011
Xa somos membros da Orde da Filloa
O pasado domingo 13 de marzo celebrouse en Lestedo a Festa da Filloa e tiven a honra de recibir do noso ben querido alcalde, Adolfo Gacio, o mandil e o sombreiro de filloeira que recollín como directora do CRA pero que foi outorgado a toda a comunidade educativa do noso centro.
Así que xa sabedes a partir de agora xa podemos facer filloas con xeito. A ver se nos saen tan boas como estaban as de Lestedo¡¡¡¡¡¡¡
O NOSO PROXECTO CHEGA Á INDIA
O pasado fin de semana a responsable de e-learning do CESGA ( Centro de Supercomputación de Galicia) e a coordinadora do noso proxecto de cloud computing, a nosa benquerida Mª José R. Malmierca,viaxou a Nova Delhi para presentar o noso proxecto na reunión global de HP Catalyst.
Polo que ela nos informou o noso proxecto tivo un éxito total e xa moitos participantes mostraron o seu interese en colaborar con nós. Somos internacionais¡¡¡¡¡
Dende aquí o noso agradecemento a María pola súa entrega, apoio e por creer en nós.
PREMIOS EGANET
Non sei se vos enterastes pola prensa ou non pero como foi un feito importante para o centro, cóntovolo. Na pasada edición dos premios EGANET (Empresas Galegas adicadas á Internet e Novas tecnoloxías) fomos seleccionados entre os catro mellores proxectos de educación dixital de entre 91 presentados na súa categoría. Aínda que non levamos o primeiro premio, xa nos sentíamos como premiados estando entre os fnalistas. Noraboa a todos/as¡¡¡¡¡
viernes, 25 de marzo de 2011
O DÍA DA AUGA
miércoles, 23 de marzo de 2011
CAMELIAS EN SERGUDE
martes, 22 de marzo de 2011
Arrecendos de primavera
Sarandón despertouse ca ledicia da chegada luminosa da primavera. O Pino Manso foi o primeiro que avisou da entrada dos primeiros raiolos que traian bicos de luz. O Carballo das Mentiras espreguizouse e, ás agachadas, escoitou sons de festa e marmurios dos paxaros que falaban mal do cuco. No patio da escola dous mandarinos repartían arrecendos primaverais de azahar tentando facer novos amigos. Os algarrobos xigantes, anfitrións, en ringleira movían as polas para saudar abrindo xemas de follas novas.
Onte plantamos dous mandarinos no patio da escola. Esperamos comer mandarinas no vindeiro curso. Agora temos que coidalos, pois están cheos de flores e arrecenden a primavera.
Onte plantamos dous mandarinos no patio da escola. Esperamos comer mandarinas no vindeiro curso. Agora temos que coidalos, pois están cheos de flores e arrecenden a primavera.
miércoles, 16 de marzo de 2011
martes, 15 de marzo de 2011
Gotas de auga caeron en San Fins
jueves, 10 de marzo de 2011
VOLTA AS CLASES DESPOIS DO ENTROIDO
martes, 8 de marzo de 2011
A NOSA 1ª VIDEOCONFERENCIA
O pasado venres 4 de marzo tivo lugar un feito histórico no CRA dentro do noso proxecto de "cloud computing", a nosa primeira videoconferencia entre escolas. A verdade é que foi todo un éxito e os nenos/as do cole e mailos mestres/as oimos en primicia as cancións dos nosos compañeiros/as antes do gran festival que tivemos pola tarde.
Ó primeiro estabamos algo nerviosos pero logo foi todo coma a seda e grabáronnos dende o CESGA, que o podedes ver neste vídeo:
O BURRO DO ENTROIDO ANDA POLO CRA
Xa chegou o burro do entroido o noso CRA e cada día mándounos traer cousas diferentes:
- O luns un sombreiro
- O martes unha garabata
- O mércores un pixama
- O xoves un zapato de cada cor
- E o venres a disfrazarse.
A verdade é que estabamos todos/as moi pero que moi monos. Ollade a ver se nos reconocedes¡¡¡
- O luns un sombreiro
- O martes unha garabata
- O mércores un pixama
- O xoves un zapato de cada cor
- E o venres a disfrazarse.
A verdade é que estabamos todos/as moi pero que moi monos. Ollade a ver se nos reconocedes¡¡¡
A ÉPOCA MEDIEVAL INVADE O CRA
Como xa vos anunciamos este ano o entroido no noso CRA vai referido os habitantes do castelo e que saibades que xa está a cousa moi avanzada e para mostra un botón.
PREMIO PARA A NOSA ANPA ¡¡¡¡
A ANPA Val do Ulla, ou o que é o mesmo a asociación de pais e nais do noso colexio, acadaron O 1º PREMIO nas Xornada arredor da Camelia celebradas o pasado 27 de febreiro na categoría de composición con camelias.
Fixeron unha representación dos dous protagonistas, Balbino e Manolito, do libro de Dn. Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego", que este ano cúmprense 50 anos da súa publicación.
PARABÉNS PARA TODOS/AS¡¡¡¡
A FESTA DA CAMELIA
A finais do mes de febreiro estivemos traballando nas escolas o tema da camelia. Trouxemos distintos tipos de camelia ás escolas e fixemos debuxos para participar nas xornadas da camelia organizadas no concello de Vedra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)