Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 28 de abril de 2015

O proxecto da manzanilla

DÍA DO LIBRO EN SAN FINS

O 23 de Abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Dende o cole quixemos celebralo realizando diferentes actividades:
 - Un marcapáxinas cas plantas aromáticas, seguindo co proxecto que estamos a levar a cabo este ano dende o CRA.
 - Disfrutamos da lectura dos seus contos favoritos, facendo despois o debuxo da portada e contraportada dos mesmos.
 - Os mais maiores traballaron o cómic a través do libro: " Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes, e por suposto non podían faltar actividades na pizarra dixital.


NICANOR O CABALO FALADOR

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow created with Smilebox

domingo, 26 de abril de 2015

Dafne celebra o seu aniversario en Sarandón

O pasado venres, 24 de abril, Dafne cumpriu 4 anos. Para tan importante celebración non podía faltar un biscoito caseiro, riquíiiisimo..... e na mellor compañía. Parabéns Dafne e grazas por compartir un día tan importante con todos nós!!!

                                     



                                     




sábado, 25 de abril de 2015

TALLER DE COCIÑA

Con motivo do proxecto que estamos a levar acabo no centro sobre o horto ecolóxico, que mellor que facer un taller como base a agricultura ecolóxica ou mesmo o que atopamos ao noso arredor, para que os nenos valoren e aprendan un pouco máis sobre este tema. Deste xeito, grazas aos pais e nais, que colaboraron na recolleita dos ingredientes, das profes, que se involucraron como sempre...ou máis e coa inestimable axuda do restaurante "La Molinera", de Lalín, puxemos en práctica un taller de cociña, con primeiro plato, segundo e, como non, dúas sobremesas. A continuación mostrámosvos un resumo deste día taaaan interesante e tan fructífero...que ben o pasamos e que ben comemos!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow

TALLER DE COCIÑA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow

jueves, 23 de abril de 2015

Hoxe celebramos o día do libro coa natureza sempre presente.

Con motivo da celebración do dia do libro, ademais de ler moito e valorar a súa importancia elaboramos por S Fins uns marcapáxinas que levaban por diante, unha flor ou unha ramiña dalgunha planta da nosa contorna e por detrás, unha frase para reflexionar. Para levar a cabo este traballo, cada neno trouxo da súa casa a flor ou rama que máis lle gustou e con ela preparamos este marcapáxinas medioambiental jejeje..esperamos que vos guste. Aquí vai o proceso...

IMG-20150423-WA0040

IMG-20150423-WA0041

IMG-20150423-WA0042

IMG-20150423-WA0045

 

 

 

 

IMG-20150423-WA0046

IMG-20150423-WA0047

IMG-20150420-WA0003

 

IMG-20150420-WA0004