Aproveitando o bo tempo, investigamos sobre o noso entorno. Alá nos fumos con libros científicos, con lupas, caldeiros, lubas... e descubrimos un montón de cousas, dende diferentes tipos de árbores, plantas medicinais e ata cogumelos, tanto comestibles como venenosos.
Cada cousa que atopamos contrastámola cos libros que tiñamos e comprobándoo coas fotos que alí atopamos. Foi unha mañá moi divertida mentres aprendíamos do que nos rodea.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
jueves, 30 de noviembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
"Art" coa natureza
viernes, 24 de noviembre de 2017
jueves, 23 de noviembre de 2017
miércoles, 22 de noviembre de 2017
PLURINFANTIL
O pasado mércores 15 de novembro recibimos da man do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nun acto celebrado na Cidade de Cultura a nosa estrela verde como centro Plurinfantil polo noso proxecto de plurilingüismo en inglés na etapa de educación infantil que estamos levando a cabo no centro.
Let's gooooooo¡¡¡¡
domingo, 19 de noviembre de 2017
ROBOXOGO
ROBÓTICRA é o proxecto de robótica do CRA. Unha das actividades, ROBOXOGO, desenvólvese na área de E.F. psicomotricidade, traballando: desprazamentos, percepción espacio-temporal (dirección, traxectoria), nocións topolóxicas básicas (diante-detrás), lateralidade (dereita-esquerda)... Trátase de xogos de robots programados para acadar un obxectivo nun circuito.
sábado, 18 de noviembre de 2017
viernes, 17 de noviembre de 2017
Land Art de outono!!
jueves, 16 de noviembre de 2017
Néstor Segade e Marta Lubos na Escola de Sarandón
Hoxe tivemos unha visita moi especial: Néstor Segade Cardelle escenógrafo do Teatro San Martín de Buenos Aires e a actriz Marta Lubos.
Aproveitando a visita á súa familia de Vedra, cunha homenaxe sorpresa incluida, pasaron pola nosa escola.
Aproveitando a visita á súa familia de Vedra, cunha homenaxe sorpresa incluida, pasaron pola nosa escola.
Os nenos e as nenas de Sarandón fixéronlles preguntas sobre Arxentina que contestaron con moita amabilidade e simpatía.
Néstor ademais contóunos curiosidades do seu traballo, cando unha vez colaborou fabricando unhas marionetas de cóndor para axudar na cria dunha destas aves. http://www.aventurarse.com/expediciones/che/fichacondor30-06.html
Néstor ademais contóunos curiosidades do seu traballo, cando unha vez colaborou fabricando unhas marionetas de cóndor para axudar na cria dunha destas aves. http://www.aventurarse.com/expediciones/che/fichacondor30-06.html
Os nenos e as nenas de Sarandón escenificaron á entrega do Premio María Guerrero, que Marta Lubos recibiu á mellor actriz. https://www.cultura.gob.ar/asi-fue-la-entrega-de-los-premios-maria-guerrero_3968/
Grazas Néstor e Marta, ata sempre!
viernes, 10 de noviembre de 2017
Coñecendo o outono
lunes, 6 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)