Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
sábado, 24 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
Brochetas de froita
lunes, 19 de marzo de 2018
TALLER SENSORIAL: XORDEIRA
En primeiro lugar explicamos cómo funciona o oído para logo mencionar axudas que poden empregar as persoas con perda auditiva como o audífono ou os implantes cocleares.
Visionamos un conto sen son para simular que eramos xordos e, como deste xeito non entendimos o conto, falamos dos subtítulos ou a lingua de signos como axuda nos videos para as persoas xordas.
Comprobamos cómo poden percibir as vibracións dos sons mediante o tacto empregando unha canción no móbil, percibindo o movemento nos altavoces.
Aprendimos varios aspectos da súa vida diaria como o tipo de espertadores que teñen que empregar (con luz) e sistemas para conectar ó timbre da porta (tamén con luz).
Coñecimos o sistema dactilolóxico que empregan para os nomes:
TALLER SENSORIAL: CEGUEIRA
Falamos do sistema Braille que empregan as persoas cegas para ler e escribir empregando a máquina Perkins para elo. Vimos que tamén se escriben números có Braille e que os podemos atopar nos ascensores. Tamén nos medicamentos.
Vimos diferentes axudas para a vida diaria como o emprego do bastón e o can guía. Sinais sonoras coma as dos semáforos para saber cando teñen que cruzar a rúa. Diferentes reloxos para saber a hora que é. Que poden andar en bici empregando un tándem. O aparato que poden empregar para coñecer as cores dos obxetos e que poden usar un balón con cascabeis para xogar ó fútbol.
E logo de coñecer todo ésto puxémonos na pel dunha persoa cega e comprobamos o complicado que é facer diferentes actividades da vida diaria como:
- Camiñar pola clase empregando un bastón:
jueves, 15 de marzo de 2018
Recollendo as nosas colleitas de inverno
lunes, 12 de marzo de 2018
Todos os días lle damos de comer á nosa galiña e ao noso galo
LEMBRANDO A HOMENAXE DE CRUZ EN SAN XIÁN
POLOS 25 ANOS
DE CARIÑO E ADICACIÓN
Á ESCOLA DE SAN XIÁN
Picture slideshow personalized with Smilebox |
sábado, 10 de marzo de 2018
Seguimos a plantar!!
viernes, 9 de marzo de 2018
jueves, 8 de marzo de 2018
miércoles, 7 de marzo de 2018
Preparando a horta
Un ano máis, empezamos a preparar as nosas hortas. En cada escola queremos fomentar e revalorizar a comida san, a volta aos traballos máis tradicionais e que sen dúbida nos aportan vitalidad e meller vida a todos. Según cada escola, ahorta ten as súas características especiais, ben podemos atopar bancais onde botamos terra e xa sementamos alí as nosas colleitas ou mesmo facemos uso dunha horta propiamente dita, onde as ferramentas tradicionais tamén collerán a súa importancia. Empeza o tempo de poñerse mans á obra e queremos mostrarvos o moito que traballos e sobre todo o empeño que lle poñemos.