Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
lunes, 30 de mayo de 2011
domingo, 29 de mayo de 2011
Mes de maio, mes das mamás e das flores
No mes de maio, temos moito que celebrar: é o mes das nosas letras, o mes das flores e o mes das mamás. Como ben sabedes, o primeiro domingo de maio celebramos o día da mamá para demostrarlles, dun xeito especial, o moito que as queremos ao longo de todooooo o ano. En relixión, tamén quixemos recordar a María, a mamá de Xesús, xa que o 13 de maio tamén é o seu día. Con tanto que celebrar, fixemos un agasallo moi especial para as mamis: unha flor, e de paso, tamén recordamos os maios que se están a celebrar en moitas parroquias. Esperamos que vos gustara. Para vós MAMAS, porque o merecedes!!!
jueves, 26 de mayo de 2011
VIDEOCONFERENCIA COAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE VEDRA E BOQUEIXÓN
Este mércores día 25 foi un día moi especial para nós xa que tivemos unha xornada de convivencia cos nosos futuros compañeiros/as e que cursan os seus estudos do 1º ciclo de educación infantil nas Escolas Infantís Municipais de Boqueixón e Vedra.
A verdade é que a pesares dos imprevistos do directo saiunos moi ben e pasámolo en grande vendo cantar a os máis pequechos e tocar os instrumentos.
Querémoslle dar as grazas a tódolos nenos/as das escolas municipais polas súas actuaccións, as súas mestras que os prepararone en especial a María, a directora da EIM de San Fins-Vedra e a Rocío, a directora da EIM de Lestedo- Boqueixón por permitirnos facer esta videoconferencia con eles e compartir unha mañán xuntos.
E agardamos que esta sexa a primeira de moitas nas que as escolas infantís dos nosos concellos se reúnen.
Esta foi a primeira pero non ha ser a última¡¡¡¡¡¡.
Grimsvoeth
lunes, 23 de mayo de 2011
O venres pasado tivemos na escola de S.Xián a visita de Alejandro o pai dun neno da escola que nos puxo en contacto coa linguaxe de signos.Estivemos moi atentos e aprendimos moitísimas cousas,como expresar os membros da familia, os animais, os días da semana, os números ......
.Os nenos das outras ecolas tamén o seguiron por videoconferencia e gustoulles moito. Alejandro quedou de volver a ensinarnos couas novas pero non podemos esquecer as que xa aprendemos. Moitas grazas Alex.
Ah¡ Podedes ver un vídeo resume no seguinte enlace:
Os talleres de estimulación da linguaxe
Os programas de estimulación da linguaxe teñen por obxetivo previr a aparición de alteracións na fala ademais de intervir nas xa existentes.
Para eso fanse actividades de discriminación auditiva, praxias, respiración e sopro, capacidades cognitivas básicas (atención, percpeción memoria e razoamento), articulación, vocabulario, estructura morfosintáctica e pragmática, todas elas de forma lúdica e motivadora.
Aquí vos presento algunha das que facemos!!
Para eso fanse actividades de discriminación auditiva, praxias, respiración e sopro, capacidades cognitivas básicas (atención, percpeción memoria e razoamento), articulación, vocabulario, estructura morfosintáctica e pragmática, todas elas de forma lúdica e motivadora.
Aquí vos presento algunha das que facemos!!
miércoles, 18 de mayo de 2011
martes, 17 de mayo de 2011
O pasado luns, 16 de maio celebramos en Lestedo un aniversario. Nesta escola cando temos un "cumple", confeccionamos entre tod@s un libro de debuxos para o que cumpre anos ese día. E naturalmente o agasallado colorea a súa tarta que vai na portada do libro. Aquí vedes un exemplo.
lunes, 16 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Lois Pereiro, no CRA temos moitas actividades preparadas para coñecer a súa vida e obra, aqui tedes entre outras unha dirección web que ofrece actividades para infantil e primeiro ciclo de primaria.
http://www.chiscos.net/almacen/lim/letrasgalegas_anamartinez/loispereiro.html
Ademais imos facer un álbum de imaxes baseado nun guión de televisión escrito por Lois Pereiro "Que é Galicia?"
Quedará na biblioteca da sede para quen o queira ollar.
martes, 10 de mayo de 2011
Moreira si, moreira non.
Sabíades que a estes vermes (Bombyx mori) non lles gusta a moreira negra? Soamente comen a moreira branca... descubrímolo na escola de Lestedo.
A súa primeira comida foi a cáscara do seu ovo, o anaco do burato polo que saeu e despois de 3 ou 4 días realizaron a súa primeira muda, de pel e de parte dos seus órganos entre eles as maxilas!
domingo, 8 de mayo de 2011
EIRUGAS EN SAN XIÁN
jueves, 5 de mayo de 2011
miércoles, 4 de mayo de 2011
Orientacións para a estimulación da linguaxe
Aquí vos deixo algunhas orientacións xerais para a estimulación da linguaxe oral:
- Falar moito có neno, usando unha linguaxe sinxela, clara e correcta. Por exemplo: non empregar “guau-guau” en lugar de “can”.
- Compartir momentos de ocio como contarlle un conto (no que el tamén participe) que nos conte algunha actividade que fixo no cole...
- Correxir as súas emisións orais, é decir, cando diga algunha palabra ou frase incorrectamente indicarlle cal é a maneira axeitada. Ainda que esto non debe facerse en exceso.
- Aumentar ou completar as súas expresións. Por exemplo: si o neno di: “mira, un can” pode contestárselle: “si, un can grande e marrón.”
- Animalo a empregar a linguaxe, é decir, deixar que se exprese libremente, sin contestar por el.
- E non facelo consciente da súa fala.
- Falar moito có neno, usando unha linguaxe sinxela, clara e correcta. Por exemplo: non empregar “guau-guau” en lugar de “can”.
- Compartir momentos de ocio como contarlle un conto (no que el tamén participe) que nos conte algunha actividade que fixo no cole...
- Correxir as súas emisións orais, é decir, cando diga algunha palabra ou frase incorrectamente indicarlle cal é a maneira axeitada. Ainda que esto non debe facerse en exceso.
- Aumentar ou completar as súas expresións. Por exemplo: si o neno di: “mira, un can” pode contestárselle: “si, un can grande e marrón.”
- Animalo a empregar a linguaxe, é decir, deixar que se exprese libremente, sin contestar por el.
- E non facelo consciente da súa fala.
martes, 3 de mayo de 2011
lunes, 2 de mayo de 2011
Agasallo día da nai
A PAZ na clase de relixión
Ao longo do pasado trimestre, un dos temas estrela, na clase de relixión, foi a PAZ, xunto coa SEMANA SANTA. Pois ben, querémosvos presentar a todos vós unha canción que os nenos das escolas de Camporrapado, Sergude e San Xián, prepararon con todo cariño para conmemorar ese día e coa que viron diferentes tipos de expresións e sentimentos. Foron moitas tomas falsas e un montón de risas que ao final tiveron a súa recompensa, esperamos que vos guste, ahí vai!!!
S. Fins
domingo, 1 de mayo de 2011
XOGO DE PRIMAVERA
Este era un abrocho de margarita ben pechadiño.
Ábrete! berráballe o vento frío. Ábrete xa! rosmáballe a xeada. Pero el non facía caso de ninguén.
Unha mañá unha raioliña de sol agarimouno e díxolle docemente: Ábrete margaritiña exoga con nós.
A margarita foise abrindo a modo e víu que o mundo era fermoso. As abellas pousaban e facíanlle cóxegas. As bolboretas chamábanlle amiga. Oía aos nenos e nenas comentar: - Que linda flor, non a pisedes. Era feliz.
Ao solpor un abellón avisouna: -Coidado co frío da noite, pode darche tos.
Entón foise pechando, pechando, e soñando esperou a volta do sol.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)