Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 23 de junio de 2023

SAÍDA A CAMPO LAMEIRO

    Para rematar o curso que mellor maneira dunha viaxe todas as nenas e nenos que formamos o CRA na compañía das nosas mestras??? 

   Foi unha longa viaxe chea de ilusión, experiencias, coñecementos, alegrías, locuras e algún que outro mareo do que non nos libramos nin os adultos, vaia curvas!!! pero mereceu a pena. 

   Aquí tedes algunhas das imaxes de certos momentos especiais que puidemos capturar e vexades o que andivemos argallando por Pontevedra.



















CERRANDO VENTÁS E ABRINDO PORTAS

    Como tod@s saberedes, estes foron os últimos días neste cole, e gran familia, para algúns dos membros máis importantes desta nosa comunidade educativa, os nosos nen@s, eseas maravillosas personiñas sen os cales sería imposible esta andadura e por e para os cales é un pracer traballar e desfrutar deste camiño na súa compañía. 

    O camiño no CRA fixo un "STOP" para poder seguir avanzando por outros percorridos, co mesmo fin,  pero que se van do noso alcance e que lles axudarán a seguir crecendo en sabiduría e experiencias. Esta parada non significa un adeus desta escola senón ata pronto xa que poderán voltar, pero farano doutro xeito, pero coa mesma ilusión por ambas partes, posto que as nosas portas sempre estarán abertas para eles e as súas familias, quen tanto colaboraron, axudaron e confiaron en nós para aportar o noso graíño de area na súa educación.

Botaremos de menos vervos día tras día raparig@s. Noraboa e bo camiño!!

  • LESTEDO


  • SARANDÓN

  • SERGUDE


  • SAN FINS


  • SAN XIÁN


  • CAMPORRAPADO





REVISTA RUKUTRÚ

 OLA FAMILIAS!!!!

UN ANO MÁIS AMOSAMOSVOS ALGÚNS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS NOSAS ESCOLAS A TRAVÉS DA NOSA  REVISTA ANUAL.

ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES.UN SAÚDO E BO VERÁN.







                                                      https://drive.google.com/file/d/13WCeDiIFvWovZid3n1dWXQxjs63qbaA4/view?usp=sharing

lunes, 5 de junio de 2023

PROXECTO INTERCULTURAL

 Para rematar este proxecto, unha mamá da escola de Sarandón, FERNANDA, animouse a vir á escola e falarnos de México, onde viviu uns anos cos seus pais e irmás.

Si xa o proxecto é emocionante, que veña a mamá dunha compañeira a contalo eso é incrible.

Todos e todas prestamos moitísima atención e aprendimos moitas, moitas cousas: a súa ubicación, lugar emblemáticos, o traxe tradicional, a comida típica, o cultivo de plátanos e cacao... e como non podía ser doutro xeito tamén aprendimos a bailar "el zapateado" a ritmo de "La Raspa" 

Aquí tedes unha pequena mostra do moito que aprendimos



LUPIÑA E O SEU BOSQUE MÁXICO

 O Concello de Boqueixón invitounos este venres á presentación do conto iinfantil: "Lupiña e o seu bosque máxico".

O alcalde presentounos a Raquel Sánchez, a autora do conto e veciña de Lestedo que nos contou de viva voz un pequeno resumo da súa creación. A continuación disfrutamos moitísimo coa representación do conto. Fixéronnos imaxinar, rir, bailar....e ao final unha sorpresa fantástica:  Agasalláronnos cun exemplar a cada neno e nena e outro para cada escola...eso sí, tooooodos eles cunha dedicatoria de Raquel Sánchez.

Aproveitamos esta saída para merendar todas as escolas xuntas no patio da escola de Camporrapado e ademáis de xogar escoitamos da man do mestre Antonio, a historia do Rukutrú...O NOSO RUKUTRÚ, moi ligado á historia que viñamos de escoitar.

Unha saída por todo o alto!!!!



domingo, 4 de junio de 2023

ENFERMEIRA E MÉDICO

    En San Xián seguimos a traballar os oficios e desta volta tivemos unha visita moi especial. 
Viñeron a escola unha enfermeira e un médico, moi coñecidos por todos xa que son os papás de dous compañeiros. Con eles aprendimos un mónton de cousas e practicamos a RCP cos nosos peluches, escoitamos o corazón co estetoscopio, medimos o saturación de oxígeno en sangre, ... E sobretodo déronnos consellos moi útiles para o noso día a día.








MOITAS GRAZAS BELÉN E CARLOS!!

sábado, 3 de junio de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

 Durante todo o curso na escola de Lestedo empregamos a mochila viaxeira. Houbo un total de 3 mochilas (unha por trimestre) que abordaban diferentes temáticas e todas usaban os fondos da biblioteca. Incluían 4 libros e un xogo didáctico para disfrutar en familia. Esta actividade resultou moi motivadora para o alumnado.



miércoles, 31 de mayo de 2023

DANZAS DO MUNDO

 DANZA ENA BUSHI

Seguimos o noso percorrido e tocoulle o turno a Xapón.

Juli, a voluntaria de Don Bosco do noso Proxecto Intercultural xa nos falou das súas tradicións e costumes.

Agora aprendimos unha danza xaponesa que versa sobre a recollida do arroz.

¡Qué ben o pasamos!




Encontro interxeneracional: "Intercambiando experiencias"

 Nas escolas de Lestedo e Sergude fixemos un encontro interxeneracional con usuarios/as do Programa de Prevención da Dependencia do concello de Boqueixón, acompañados/as da súa educadora. Pasamos unha mañá moi agradable, contándonos uns aos outro as nosas experiencias de escola e de vida. Descubrir como era a vida e a escola dos maiores foi moi sorprendente para nós... era tan diferente.... Despois xogamos, cantamos, pintamos e compartimos unha merendola con eles e elas! 

Moitas grazas pola visita! Repetiremos seguro!

Para ver un pouco mais de cada un dos encontros preme nas seguintes imaxes.


Escola de Lestedo

Escola de Sergude

martes, 30 de mayo de 2023

DANZAS DO MUNDO

 Seguimos co noso percorrido polo mundo musical.

Viaxamos ata Bélxica e aprendimos esta danza tan simpática: "DON RAMÓN"

Esperamos que o disfrutedes tanto véndoa como nós bailándoa.



Alboio novo en Sergude para os apeiros de labranza!

En Sergude estamos metidos no Proxecto de Voz Natura, e decatámonos de que andar a gardar os apeiros de labranza no piso de arriba non nos era nada efectivo, así que decidimos invertir cartos do presuposto en mercar un caseto para gardar toda a ferramenta que usamos para coidar da nosa horta e xardín. Temos que dar as grazas ás familias que nos axudaron a facer o chan e a montar e asentar o noso caseto! Estamos encantados/as con el! 





lunes, 29 de mayo de 2023

SAN CIDRE EN CAMPORRAPADO

 Por segundo ano as familias da escola de Camporrapado, actuais e licenciadas, participan no tradicional desfile de carrozas da aldea. Unha festa que a veciñanza aprecia moito.

Premendo sobre a imaxe podedes ver o noso traballo


  

domingo, 28 de mayo de 2023

AXENTE FORESTAL

     En San Xián tivemos unha saída pola contorna acompañados dos nosos pais e nais e guiados por un Axente Forestal que nos levou ao Muíño de Novais: alí explicounos o seu funcionamento; botamos auga ca mangueira, subimos o camión e escoitamos a serea,...  
   Pasámolo en grande!!!!
           Moitas Grazas Chajo por esta experiencia e as nosas familias grazas tamén por estar                               sempre   dispostas, acompañarnos e formar parte desta gran escola.







MOITAS GRAZAS!!



jueves, 18 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023


 CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Este ano adicouse a Francisco Fernández del Riego, para iso tódalas escolas  do CRA  fixeron

 diferentes actividades que poderedes ver no seguinte video.









sábado, 13 de mayo de 2023

PROXECTO INTERCULTURAL: UCRAÍNA

 Para rematar o noso Proxecto Intercultural tivemos a visita de Viktoria que nos levou de viaxe por Ucraína.

Coñecimos tradicións, traxes, comida, o abecedario, a música tradicional e non podía faltar a danza tradicional.

Pasámolo xenial e coma sempre estamos encantadísimos cos Voluntarios de Don Bosco que nos axudan a levar a cabo este Proxecto.

MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!



viernes, 12 de mayo de 2023

PROXECTO INTERCULTURAL: R. CHECA E XAPÓN

 E seguimos a viaxar polo mundo e desta vez da man de Juli.

Ensinounos o seu país de nacemento: R. Checa, presentándonos á súa familia, ás súas mascotas, a comida típica...e tamén nos levou de viaxe por Xapón onde ela estudou.

Relaxámonos un montón escoitando música tradicional xaponesa e quedáronnos ganas de probar todas estas comidas e visitar e ver esas paisaxes tan bonitas!!!!



lunes, 8 de mayo de 2023

SAÍDA Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL


 SAÍDA Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

As escolas do CRA que teñen primaria, fomos invitadas á biblioteca Ánxel Casal para disfrutar dunha presentación sobre as abellas.

O día 20 de Maio celébrase o " Día Mundial das Abellas" e dende a biblioteca Ánxel Casal prepararon uns talleres para explicar a importancia que teñen as abellas na natureza, así como outros insectos que contribúen na polinización.

Nun dos talleres elaboramos casiñas para os insectos e noutro explicáronos como se organizan as abellas para facer o mel, que función ten cada unha dentro da colmea ( raíña, zánganos e obreiras) e o seu papel tan importante para a conservación dos diferentes tipos de plantas.

Despois da biblioteca merendamos no patio do CEIP López Ferreiro e logo desfrutamos dunha camiñata pola zona vella de Santiago: Praza do Obradoiro, Praza de Cervantes e rematamos na Praza de Abastos para ver todo o que hai no mercado.


PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO








COCIÑEIROS EN SAN XIÁN

 En San Xián tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial, María e Suso cociñeiros  profesionais, estiveron na nosa escola e ensináronnos a elaborar diferentes pratos. 

O rematar puidemos levar unha pequena mostra para as nosas casas. Estaba todo boísimo!!








MOITÍSIMAS GRAZAS!!

PROXECTO INTERCULTURAL: LUXEMBURGO, IRLANDA E FRANCIA

 E seguimos co noso proxecto.

Desta volta da man de Stephen que nos levou de viaxe polo seu aís de nacemento: Luxemburgo, o país da súa nai e donde estudou na universidade: Irlanda e Francia, país no que estudou a primaria e a secundaria.

Falounos da súa familia, comida favorita, hobbies (que eran moitos) e ensinounos unha danza tradicional irlandesa e aprendimos unha danza tradicional de Luxemburgo.

E como para mostra un botón, aquí vos deixo un vídeo do moito que viaxamos.



sábado, 6 de mayo de 2023

PROXECTO INTERCULTURAL

 Despois dun parón por mor da pandemia, do confinamento e das medidas covid nos centros educativos...este ano iniciamos novamente o noso PROXECTO INTERCULTURAL!!!!

Da man dos voluntarios de Don Bosco coñeceremos e visitaremos varios países.

Hoxe coñecemos ITALIA, da man de Silvia, que falándonos en italiano levounos a coñecer o seu país, costumes, comidas e escoitamos dúas cancións que nos encantaron.

Neste vídeo tedes un pequeno resumo do moito que aprendemos e o ben que o pasamos.



miércoles, 3 de mayo de 2023

DANZAS DO MUNDO

Neste terceiro trimestre, desde a clase de Música e de E.F estamos a levar a cabo un proxecto conxunto sobre as Danzas do Mundo.

Hoxe amosámosvos a primeira delas, viaxando a EE.UU, pero estade atentos/as a vindeiras publicacións porque de seguro haberá máis.



viernes, 28 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023

 Boas xentiña!

O CRA festexou a Semana do Libro con distintas actividades, todas elas divertidas e cheas de ilusión. Como veredes no vídeo, fixemos contacontos botando man dos fondos da nosa biblioteca e pasámolo pipa descubrindo e revivindo historias e personaxes a mar de interesantes. Traballamos tamén con adiviñas e mesmo nos animamos a crear contos propios a través de xogos, como o dos dados. Logo, como remate final, creamos o noso propio libro "Trabalinguas de animais", o cal podedes vir velo cando queirades!

Un saudiño!!

Obra: Haz Que Pase
Música de https://www.fiftysounds.com/es/




martes, 18 de abril de 2023

Ao Rebusque en Sarandón

 

“Erguinme ben cedo. Caladiño e de présa lisquei para o souto. Outros rapaces acostumaban ir tamén para o rebusque, pero ainda non chegara ningún.”

                                                            “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas

    En Sarandón continuamos a vella tradición de ir ó rebusque  polo campo da festa a mañán despois do festexo. Este ano foi o día despois da XLI Festa do Viño. O luns 17 de abril chegamos a escola e xa andaban os da cuadrilla da limpeza cos sopradores xuntando os restos da celebración da víspera.

    Na escola lemos e comentamos o capítulo “Rebusque” de “Memorias dun neno labrego” de X. Neira Vilas. Despois collemos uns bastóns e saimos para percorrer o campo da festa buscando os tesouros perdidos na celebración. Remexemos entre as herbas, miramos debaixo das mesas e dos bancos do pulpeiro, camiñamos o aparcadoiro, subimos e baixamos as escaleiras, andivemos por diante do palco e fomos recollendo do chan corchos, pulseiras, unha moeda de  2 céntimos  e un can rosa que ladra.

   O Pino Manso foi testigo da nosa pescuda seguindo as pegadas dunha tradición que ben de moi lonxe. Coma Balbino tamén soñamos con tesouros e descubrimos que os sopradores da limpeza foran coma a enchenta do río que lle levara a caixiña.

   Prometemos voltar ó rebusque despois das vindeiras festas, e Balbino virá con nós.

Velaiquí vos deixamos un resumo do que dou de si este rebusque:















lunes, 3 de abril de 2023

Xornada de convivencia entre todas as escolas

Que mellor maneira de rematar o trimestre que disfrutar dunha xornada de convivencia ente todas as escolas do CRA.
Para iso, alá fomos en autobús ata Camporrapado. Ao chegar recibíronnos os anfitrións e as mestras explicáronnos en que consistiría a xornada. Logo repartímonos por equipos, por idades e entre diferentes escolas. Deste xeito, fomos rotando polos distintos obradoiros que estaban preparados que consitían en:
-creación de trabalinguas, mesturando animais, adxectivos e verbos que coemzaban polas mesmas letras
-achegamento ápoesía, con versos de escritores/as galegos/as, en depresores de cores segundo as súas rimas
-elaboración de macetas con material de refugallo e plantación de distintas sementes
- gyncanas con distintas probas,a  modo de xogo da oca
- arte e estilo Hervé Tullet e o "Campo de flores"
 Quedounos moito material elaborado en conxunto, ao que lle daremos nova vida nos eguinte triemstre denmde as escolas o cal vos iremos ensinando!!
Paea rematar tivemos a merendola, moito xogo e diversión. estar xuntos sempre é xenial!!
 De seguido, ensinámosvos un vídeo resumo do que dou de si esta xornada.



viernes, 31 de marzo de 2023

Na busca da Pascua

 Un ano máis chegamos ao final do segundo trimestre coñecendo un pouco máis sobre a Pascua. Como festa que é, fixemos xogos e probas para ser os primeiros en atopar a Pascua e disfrutala. Para iso, a nosa mascota Pombiña, preparounos unhas probas por niveis que tiñamos que superar e pasar  para poder buscar os ovos de Pascua, unha tradición cristiá que podedes coñecer un pouco máis premendo na seguinte imaxe:

Tamén vos queremos deixar unhas imaxes como resumo dos xogos. O derradeiro xogo consistiu en conseguir puntos colocándolle o rabo ao coello e deste xeito, poder facer  a ansiada búsqueda da Pascua, que tamén compartimos cos que non veñen a relixión.
Felices Pascuas a todas as familias!!