Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
miércoles, 30 de enero de 2019
30 de Xaneiro día da Paz
Adaptándonos a nosa realidade, plasmamos os nosos mensaxes de paz e amor coa participación tamén das nosas familias.
Faremos entre todos/as una "CRA Letter" que uniremos e expoñeremos máis adiante!!.
No cal aínda teredes moito que aportar.
Grazas a tod@s por participar desta iniciativa.
martes, 22 de enero de 2019
Mans á obra: sementeira+reciclaxe
Seguimos coa nosa sementeira e nesta ocasión tocou combinala coa reciclaxe que tan importante é para o medio ambiente en xeral e para os nosos montes en particular. Deste xeito, reciclamos material para poder levala a cabo. Porén, aproveitamos garrafas de 5 litros, fixémoslle un buratiño, sementamos nelas, regamos e ata fixemos traballos de lectoescritura para que lembremos o que sementamos en cada garrafa. Isto pónse moi interesante e senón estade atentos que se o tempo o permite, para a vindeira semana temos un gran traballo para facer.