Felices Festas!!
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
domingo, 22 de diciembre de 2019
PAPÁ NOEL
Nesta última semana do trimestre tivemos unha visita moi especial ...
Papá Noel visitou as nosas escolas! Que emoción!!!!
Aproveitamos para facerlle algunha que outra petición,... e él agasallounos cuns deliosos caramelos e recordounos que en breves teríamos noticas del!!
Felices Festas!!
sábado, 21 de diciembre de 2019
Ollos de dragón
viernes, 20 de diciembre de 2019
As Apps ao servizo das plantas
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Tocou trasplantar en material reciclado
A piques de rematar o 1º trimestre, andivemos transplantando as plantas de exterior.
Seguimos os pasos que recollimos nas nosas investigacións:
Usamos de Macetas garrafóns reutilizados, furámolos no fondo para que non collan moita auga.
Colocamos unha capa de drenaxe con pedriñas do patio.
Engadimos terra negra, e ciña a planta é acabamos de cubrir con terra.
Seguimos os pasos que recollimos nas nosas investigacións:
Usamos de Macetas garrafóns reutilizados, furámolos no fondo para que non collan moita auga.
Colocamos unha capa de drenaxe con pedriñas do patio.
Engadimos terra negra, e ciña a planta é acabamos de cubrir con terra.
Felices festas!!
Como ben sabedes, a festa gústanos moito e que mellores datas para poñernos a bailar e preparar esta felicitación de Nadal para toda a comunidade educativa do noso centro. Bo Nadal para todas as familias que cada día confiades no noso traballo. Que o vindeiro 2020 nos traia grandes momentos para recordar e celebrar. Son os mellores desexos do claustro do CRA Boqueixón-Vedra.
Na seguinte imaxe poderedes ver a que se montou nas escolas para desexarvos e mellor!!
ANIVERSARIO NEIRA VILAS
Durante
o mes de novembro conmemórase o nacemento e pesamento de Neira Vilas. O
equipo de dinamización da lingua galega do noso centro realizou unha serie de
propostas educativas de cara a que o alumnado coñeza a figura e a obra deste
escritor. En todas as escolas traballaron algún poema do libro “Cantos de
sol a sol” realizando tarefas como: escoitar o poema cantado, contar o
número de estrofas e de versos, buscar as palabras que riman, buscar os
adxectivos do poema e pensar otros novos, crear un novo inspirándonos nel,
realizar unha intervención plástica… e por suposto cantar
e bailar!!!
Podes
ver tamén no enlace da foto un poema inventado polo alumnado:
martes, 17 de diciembre de 2019
Composteira e poda
martes, 10 de diciembre de 2019
martes, 26 de noviembre de 2019
sábado, 23 de noviembre de 2019
UGADE (Unión Galega de Epilepsia)
Esta semana tivemos un obradoiro moi interesante, xa que dende a asociación UGADE ofrecerónse a vir por todas as escolas do CRA a falarnos sobre a epilepsia.
Aprendemos moitas cousas; como que as neuronas son as causantes desta enfermidade, dos tipos de epilepsia que existen e o máis importante os pasos que debemos seguir se presenciamos a crise preto nosa.
Fixemos prácticas para poder vivencialo!!!!!
martes, 19 de noviembre de 2019
Títeres na SGAE
Que mellor forma de comezar a semana que cunha saída a SGAE en Santiago, onde puidemos ver a obra de "La boda de la pulga y el piojo". Unha historia chea de ritmo; fixonos cantar e rir a moreas.
Encantounos!!
Encantounos!!
jueves, 14 de noviembre de 2019
Merendas saudables.
Logo dunha xuntanza na que os pais e nais do noso alumnado estivo totalmente dacordo en traballar na aula as merendas saudables, puxémonos de cheo con esta temática e con todo o que pode dar de sí, que é moito. Traballamos as cantidades, porcentaxes, receitas e ainda máis, reducimos o consumo de ambalaxes. e ao final.... rico rico e mercado na comercio local, aprendendo a pagar e todo iso, coa axuda da profe, feito por nós!!
lunes, 11 de noviembre de 2019
CIENCIA EN RUTA
Un curso máis tivemos a sorte de contar cun obradoiro de Ciencia en Ruta, desta volta ensináronnos a fabricar foguetes. Para iso tivemos que facer varios equipos e coordinarnos moi ben para obter un bo resultado.
Para comprobar os noso foguetes saímos fóra e empregamos a lanzadeira espacial!! Foi Xenial!!
Moitas Grazas a nosa ANPA por ofrecernos este obradoiro !!
viernes, 8 de noviembre de 2019
Sembrando xudías en outono
martes, 5 de noviembre de 2019
A nosa horta a todo tren!
Esta semana é un non parar con tanto traballar. Por unha parte, andivemos coa limpeza das tomateiras, tamén descubrimos diferentes setas que atopamos na contorna da escola e coa axuda dos libros que temos na biblioteca, coñecemos un pouco máis de todas elas. Logo buscamos información para coñecer e identificar diferentes prantas, unhas mediante unha App, outras, grazas á información do cartón que traen e aí, moito lle temos que agradecer a unha mamá con coñecementos de francés, que nos axudou a traducilos, gracias María, a mamá de Noemí.
viernes, 1 de noviembre de 2019
SAMAÍN
Celebramos o Samaín no C.R.A!! E para iso os nosos nenos/as viñeron disfrazados á escola....Que medo daban!!
Tamén trouxeron cabazas decoradas coa axuda das súas familias!! Grazas pola colaboración!!
Preparamos e degustamos os nosos menús terroríficos!! Fixemos arañas, pizzas monstruosas, riquísimas cabazas, pantasmas, tumbas, ... Estaba todo delicioso!!
PASÁMOLO DE MEDO!!
martes, 29 de octubre de 2019
PASABODEGHIÑAS 2019
E por fin chegou o noso tan esperado Pasabodeghiñas!!!!
Primeiro tivemos a sorte de contar con Migallas Teatro e coñecer da súa man contos baseados en diferentes pintoras e nos elementos cas inspiraron. Cantamos e bricamos con eles...Foi moi divertido!!
Despois na adega de Cabaleiro merendamos unhas ricas castañas asadas.
Continuamos camiñando cara a adega de González, e coñecendo moitos aspectos da nosa contorna. Unha vez aquí nos agardaban un montón de xogos populares cos cales pasámolo en grande!!....
E para rematar este día degustamos a rica rosca que nos tiñan preparada nesta adega.
Moitísimas Grazas a todos/as os que facedes posible unha xornada coma esta!!
jueves, 24 de octubre de 2019
De novo aprendendo coas Apps
Un ano máis traballamos o mediambiente con diferentes Apps que nos amosan información e datos moi interesantes das diferentes prantas que estamos a coñecer.
miércoles, 23 de octubre de 2019
Reutilizando para xogar
lunes, 21 de octubre de 2019
Xerminación das fabas
Fai uns días decicidimos ver o proceso de xerminación das fabas. Para iso conseguimos ter fabas en diferente momento da xerminación e agora puidemos ver as diferencias da planta e como vai abrindo ata sair unha nova. Pareceunos moi interesante e máis saber que son moitas as plantas que lle ocorre o mesmo e que normalmente non o vemos por producirse debaixo da terra.
martes, 15 de octubre de 2019
VENDIMA 2019
Un ano máis gozamos dunha tradicón típica da nosa zoa como é a vendima.
Para iso nalguhas das nosa escolas ambientamos todo para levar a cabo este proceso, construindo a viña, preparando os capazos para pisar as uvas, ...
Noutras, tivemos que desprazarnos a pé con moito coidadiño pola beirarúa para ir vendimar a casa de familiares, que moi amablemente abrironnos as portas das súas casas e compartiron con nós esta xornada.
Todos e todas recollimos uvas, esmagámolas coa estrugadora ou cos pés, colamos e degustamos o mosto. Qué rico estaba!!
E o máis importante pasamos un día de convivencia compartindo experiencias, risas e xogos.
Moitas Grazas as nosas familias pola súa colaboración!!
lunes, 14 de octubre de 2019
Convertíndonos nuns grandes larpeiros
viernes, 11 de octubre de 2019
Recollida de sementes da horta
jueves, 10 de octubre de 2019
Traballando os textos coas nosas colleitas
lunes, 7 de octubre de 2019
Coidados da horta
viernes, 4 de octubre de 2019
Chegan os cogumelos
miércoles, 25 de septiembre de 2019
A horta de inverno
jueves, 19 de septiembre de 2019
Gran repartición
miércoles, 18 de septiembre de 2019
Nova andaina neste gran Proxecto que é VOZ NATURA
Un curso máis, xa estamos aquí para traballar a reo nas nosas hortas e en pro do medio ambiente. Este ano repartiremos entre todas as escolas diferentes formas de coidar a natureza, fomentar a reciclaxe, comida san, veremos como podemos reducir os plásticos... e como non, as nosas hortas, que sen dúbida, darán moito que falar. Animádesvos?? Convidámosvos a partircipar nesta gran iniciativa que un ano máis botamos a andar.
miércoles, 4 de septiembre de 2019
Horario do período de adaptación
Para que poidades organizarvos, xa vos adiantamos como será o período de adaptación do alumnado que comeza no centro en 4º de Educación Infantil. O alumnado que curse calquera dos outros niveles, virá dende o primeiro día en horario de 9 a 14 horas.
Xuntanza de comezo de curso
Xa estamos de volta e con gañas de contarvos todas as novas de cara a este novo curso que en breve comezará. Para iso, convidámosvos á xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 9 ás 19 horas en Lestedo. Deste xeito, explicaremos todo o relativo ao comezo do curso e funcionamento do centro e tamén solventaremosvos calqueira dúbida que teñades. Agardámsovos. Un saúdo de todo o claustro do CRA Boqueixón- Vedra.
martes, 25 de junio de 2019
lunes, 24 de junio de 2019
Material para o curso 2019-2020
Xa temos á vosa disposición o material escolar de cada escola para o vindeiro curso escolar. Premendo na seguinte imaxe accederás á nosa páxina web e aos arquivos nos que atoparás toda a información necesaria.