Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 5 de noviembre de 2019
A nosa horta a todo tren!
Esta semana é un non parar con tanto traballar. Por unha parte, andivemos coa limpeza das tomateiras, tamén descubrimos diferentes setas que atopamos na contorna da escola e coa axuda dos libros que temos na biblioteca, coñecemos un pouco máis de todas elas. Logo buscamos información para coñecer e identificar diferentes prantas, unhas mediante unha App, outras, grazas á información do cartón que traen e aí, moito lle temos que agradecer a unha mamá con coñecementos de francés, que nos axudou a traducilos, gracias María, a mamá de Noemí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario