Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 26 de noviembre de 2019
sábado, 23 de noviembre de 2019
UGADE (Unión Galega de Epilepsia)
Esta semana tivemos un obradoiro moi interesante, xa que dende a asociación UGADE ofrecerónse a vir por todas as escolas do CRA a falarnos sobre a epilepsia.
Aprendemos moitas cousas; como que as neuronas son as causantes desta enfermidade, dos tipos de epilepsia que existen e o máis importante os pasos que debemos seguir se presenciamos a crise preto nosa.
Fixemos prácticas para poder vivencialo!!!!!
martes, 19 de noviembre de 2019
Títeres na SGAE
Que mellor forma de comezar a semana que cunha saída a SGAE en Santiago, onde puidemos ver a obra de "La boda de la pulga y el piojo". Unha historia chea de ritmo; fixonos cantar e rir a moreas.
Encantounos!!
Encantounos!!
jueves, 14 de noviembre de 2019
Merendas saudables.
Logo dunha xuntanza na que os pais e nais do noso alumnado estivo totalmente dacordo en traballar na aula as merendas saudables, puxémonos de cheo con esta temática e con todo o que pode dar de sí, que é moito. Traballamos as cantidades, porcentaxes, receitas e ainda máis, reducimos o consumo de ambalaxes. e ao final.... rico rico e mercado na comercio local, aprendendo a pagar e todo iso, coa axuda da profe, feito por nós!!
lunes, 11 de noviembre de 2019
CIENCIA EN RUTA
Un curso máis tivemos a sorte de contar cun obradoiro de Ciencia en Ruta, desta volta ensináronnos a fabricar foguetes. Para iso tivemos que facer varios equipos e coordinarnos moi ben para obter un bo resultado.
Para comprobar os noso foguetes saímos fóra e empregamos a lanzadeira espacial!! Foi Xenial!!
Moitas Grazas a nosa ANPA por ofrecernos este obradoiro !!
viernes, 8 de noviembre de 2019
Sembrando xudías en outono
martes, 5 de noviembre de 2019
A nosa horta a todo tren!
Esta semana é un non parar con tanto traballar. Por unha parte, andivemos coa limpeza das tomateiras, tamén descubrimos diferentes setas que atopamos na contorna da escola e coa axuda dos libros que temos na biblioteca, coñecemos un pouco máis de todas elas. Logo buscamos información para coñecer e identificar diferentes prantas, unhas mediante unha App, outras, grazas á información do cartón que traen e aí, moito lle temos que agradecer a unha mamá con coñecementos de francés, que nos axudou a traducilos, gracias María, a mamá de Noemí.
viernes, 1 de noviembre de 2019
SAMAÍN
Celebramos o Samaín no C.R.A!! E para iso os nosos nenos/as viñeron disfrazados á escola....Que medo daban!!
Tamén trouxeron cabazas decoradas coa axuda das súas familias!! Grazas pola colaboración!!
Preparamos e degustamos os nosos menús terroríficos!! Fixemos arañas, pizzas monstruosas, riquísimas cabazas, pantasmas, tumbas, ... Estaba todo delicioso!!
PASÁMOLO DE MEDO!!