O TALLER DE CARMEN, A
SUPERHEROÍNA CEGA
O mércores 8 de maio pasamos un rato ben especial
con Carmen, que veu a Lestedo cunha maleta chea de xogos que todos coñecíamos,
pero algo tranformados, adaptados para que os nenos e nenas ceg@s poidan xogar
e aprender todo o que precisan para desenvolverse na vida coa máxima autonomía
posible.
Coñecimos o Sistema Braille a través do boneco
Braillín e de libros con moitísimas texturas, cores, letras e puntiños. Xogamos
cunha pelota sonora, intentamos averiguar co olfato a cor de rotuladores que
ulen (amorodo-vermello, limón-amarelo,
menta-verde, …). Puxemos antifaces e camiñamos coa axuda dun bastón máxico e
plegable. Escoitamos un teléfono móbil que non paraba de falar rapidísimo e
escribía ao ditado. Averiguamos para que servían os sonidos dalgúns semáforos e
dos cambios nas baldosas das beirarrúas e que ata se podía andar en bici sen
ver.
Carmen demostrounos que polo camiño da vida andan
moitos superheroes sen capa. Moitas grazas e ata outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario