Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 6 de octubre de 2018

Navegando na exposición Cultumar

Visitamos a exposición o mércores 5 pola tarde coas familias. Tivemos como guía a Dane Niñez, membro da organicación e que nos explicou as distintas embarcacións. Admiramos o Obradoiro e a catedral e antes de marchar fixemos a nosa aportación entregando as barcas que fixeramos pola mañán na escola. Dane colocounas sobre a lancha do Ulla. Alí quedaron as barcas, navegando no mar de pedra do Obradoiro. Despois camiñamos polo Franco contemplando os productos do mar nos restaurantes. Cruzamos a Porta Faxeira cara a Alameda, subimos pola carballeira da Santa Susana ata a Ferradura, admiramos a estatua de Rosalía e baixamos cara a Residencia Universitaria onde merendamos ata que o sol agochouse detrás dos cotos no seu de altar cara o mar. Voltamos para a casa ca certeza de ter feita unha descuberta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario