Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
viernes, 24 de marzo de 2017
Cociñando legumes en Camporrapado.
Ademais de traballar nas leiras ou nas hortas das escolas para este proxecto, neste segundo trimestre, a cociña acadou unha importancia destacada. En primeiro lugar, levamos a cabo en todas as escolas talleres de cociña nos que as mamás nos axudaron e elaborar diferentes menús, todos eles relacionados coa temática do proxecto. Deste xeito, aproveitamos para facer un día de convivencia escolar de toda a comunidade educativa, degustando as delicias que entre todos elaboramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario