Despois de moito regar e agarimar a nosa sementeira, empezamos a ver os resultados. Si nos sorprendeu o pronto que naceron, mellor foi o resultado do día a día ou tras unha fin de semana. Aquí vos presentamos unha mostra do noso traballo....nunha das escolas, Sergude, tivemos un agasallo moi especial da profe de prácticas....nada máis e nada menos que un mini invernadero. Agora queda como seguinte paso, trasplantar para o horto as cabazas, calabacíns, cenoiras e leitugas. En nada xa vos amosamos a seguinte parte deste interesante proxecto co que tanto aprendemos, en canto a valores e sabiduría da nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario