Este ano e con motivo do proxecto de Voz Natura, o entroido estivo relacionado cos productos da horta. Deste xeito, tivemos dende cenorias, pimentos, cos que non faltaron os coellos para facerlles a faena. As fresas e flores de manzanilla coas abellas arredor e os sacos de patacas cos chícharos, acompañados por uns vermes comilóns!!! Finalmente apareceron os espantallos que axudaron ás nosas hortalizas a crecer moito e moi ben, para que logo nós estemos mooooi sans. Aquí vos presentamos os vídeos das actuacións de cada parte do desfile, con cancións versionadas para a ocasión e todo. Viva o Entroido!!!
[youtube 3WuGL7X0JKo]
[youtube 6Dspvl6aI1o]
[youtube Uy_S_lzha4M]
[youtube n21wfI-WvME]
No hay comentarios:
Publicar un comentario