VISITA
a PASTELERiA ELENA
O pasado xoves os nen@s da EEI de Lestedo tivemos a sorte de visitar a “pastelería
Elena”. Quedamos abraiados, encantados e moi agradecidos do trato, da
implicación de todo o personal e das cousas que alí vimos e fixemos, e senón o
creedes, botade unha ollada! Chegamos coas mans valeiras e marchamos
cargadísimos.
Primeiro puxéronnos o uniforme de faena, o traxe de pasteleiro, logo
lavamos as mans (imprescindible antes de manipular comida) e listos para preparar pizzas.
Canto traballiño temos por diante!; menos mal que nos tempos modernos hai
máquinas que amasan. Logo había que botar os ingredientes: tomate, xamón ou
atún, (a escoller) queixo e unha pizquiña de orégano. E listas para meter ao
forno. Coidado, non nos despistemos que se queiman!. Uff!, sorte que os fornos
de agora tamén teñen alarma. Todos son ventaxas!
Pero aquí non acaba a xornada, agora toca facer galletas: primeiro amasar
e amasar e logo cos moldes a darlles formas. Igualiño que coa plastilina.
Isto está chupado!
Logo do esforzo, Elena tamén nos tiña preparado un refrigerio: zume cun bolo de azucre; Mmmmm! Esta pastelería é impresionante. Non olvidan ningún detalle. E para rematar, xoguetiños… Profe, hai que repetilo para o ano. Canto nos gustou!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario